Organizador do torneo: Federación Galega de Xadrez
Colaboran: Escola xadrez Culleredo – Concello de Culleredo
Director do torneo: Jose Antonio Ferreño Suárez
Árbitro Principal: AF Oscar Bruno de Prado Rodríguez
Datas: días 20, 21, 27 e 28 de Xaneiro do 2024
Lugar de xogo: Pavillón Municipal Vilaboa, Colexio Sofía Casanova, Rúa da Calzada, 7-15174-Vilaboa
Categorías:
Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2016 e posteriores
Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2014 e 2015
Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2012 e 2013
Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2010 e 2011
Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2008 e 2009
Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 2006 e 2007
Absoluto: nados nos anos 2005 e anteriores.
Se nalgunha categoría non hai 6 participantes agruparanse as categorías segundo o indicado no artigo 59.2.1 do Regulamento de competicións da FEGAXA.
Sistema de xogo*:
Sistema Suízo, podería ser por sistema liga en caso de haber poucos xogadores nalgunha categoría. Empregarase o programa de emparellamento VEGA e non se admitirán reclamacións aos emparellamentos nin desempates calculados.
*Posibilidade de modificar o número de roldas segundo o número de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org
Calendario de competición:
CATEGORÍAS SUB-14 e SUB-16
Data: sábado 20 e domingo 21 de xaneiro
Ritmo de Xogo: 30´+15”
Suizo a 6 roldas*
Horarios: sábado 20 1ª rolda 16:00, 2ª rolda 18:00
domingo 21 3ª rolda 10:00, 4ª rolda 12:00, 5ª rolda 16:00 6ª rolda 18:00
CATEGORÍAS SUB-8, SUB-10 e SUB-12
Data: domingo 21 de xaneiro
Ritmo de Xogo: 20´+10”
Suizo a 7 roldas*
Horarios: 1ª rolda 11:00 2ª rolda 12:00 3ª rolda 13:00
4ª rolda 16:00 5ª rolda 17:00 6ª rolda 18:00 7ª rolda 19:00
CATEGORÍAS SUB-18 e ABSOLUTA
Data: sábado 27 e domingo 28
Ritmo de Xogo: 45´+15”
Suizo a 6 rondas*
Horarios: sábado 27 1ª rolda 11:00, 2ª rolda 16:00, 3ª rolda 18:30
domingo 28 4ª rolda 11:00, 5ª rolda 16:00, 6ª rolda 18:30
Inscricións: no email [email protected] indicando nome, apelidos, categoría e club ata:
- Categoría sub-8, sub-10 sub-12, sub-14 e sub16 ata ás 20:00 do xoves 18 de xaneiro.
- Categoría sub-18 e absoluta: as 20:00 do xoves 25 de xaneiro.
Poderán participar os xogadores federados na tempada 2024 en clubs da provincia da Coruña e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.
Desempates:
- Enfrontamento directo (DE)
- Bucholz -1 (BH-C1)*
- Bucholz total (BH)*
- Media de Elo dos opoñentes -1 (ARO-C1**)
- Media das perfomances dos rivais (APRO**)
- Sorteo
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Bakú 2023 da FIDE tanto para o cálculo dos rivais como do propio xogador
** Para os xogadores sen elo considerarase un elo 1000
Tempo de espera: 20 minutos nas categorías sub8-10-12, e 30 minutos nas categorías sub-14-16-18 e absoluta dende o comezo da rolda.
Árbitros auxiliares:
- AA Jose Francisco Fernández Nuñez
- AAB Jose Fernández Otero
- AAB Jose Antonio Pardo Darriba
Comité de apelación: antes do comezo da primeira ronda formarase o comité de apelación para as categorías sub18 e absoluta. Estará formado polo director do torneo, árbitros do torneo e un xogador elixido por votación, tendo preferencia os que sexan árbitros coa licencia en vigor na FEGAXA. Nas categorías inferiores o Comité de apelación estará formado polo director e os árbitros do torneo.
Premios: para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Clausura: o remate da derradeira rolda de cada categoría.
Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
Locais para comer:
Restaurante A casa do cura
Dirección: Costa da Lonxa 16, bajo, 15670, A Coruña
Teléfono: 981 90 24 90
A Fonte Douro
Dirección: Av. Vilaboa, 187, 15174 Culleredo, A Coruña
Teléfono: 981 90 45 67
Mesón A Cepa
Dirección: Av. Coruña, 22, 15670 O Burgo, A Coruña
Teléfono: 981 66 35 01
O Refuxio Do Moucho
Dirección: Av. Vilaboa, 39, 15174 Culleredo, A Coruña
Teléfono: 881 02 61 85
Xacoba
Dirección: Rúa Alejandro Pérez Lugín, 11, 15174 A Corveira, A Coruña
Teléfono: 981 05 04 49
Aloxamentos:
Hotel Crunia **** https://www.hotelcrunia.com/
Avda. Fonteculler 58, Culleredo, teléfono: 981650038
Hostal La Poetisa** https://lapoetisa.com/es/
Enrique Tierno Galván 24 , Culleredo, teléfono: 981665871
CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
A inscrición neste torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN, a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña, incluso aqueles facilitados polo mesmo coa finalidade de publicar nas páxinas web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.
Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os vídeos, imaxes e/ou audios nos que apareza, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que puideran desenvolverse no futuro, e para calquera aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación daquelas utilizacións ou aplicacións que puideran atentar contra o dereito ao honor nos termos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección Civil ao Dereito ao Honor, a Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe.
A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.
Esta autorización pode ser revocada en calquera momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revogación, polo que a retirada do consentimento non terá carácter retroactivo.