Circuito 2024
GALICHESS
VIII CIRCUITO INTERCOMARCAL DE XADREZ DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2024
BASES DO CIRCUITO:
1.- O circuito constará de 11 torneos de xadrez a disputar entre maio e outubro de 2024, será aberto a xogadores federados e serán válidos para Elo FIDE.
2.- Para optar os premios finais do circuito será necesario participar na metade mais un dos torneos (6) totais do circuito.
3.- Estableceranse premios finais para as seguintes categorías: xeral, por tramos de Elo sub-2000 e sub-1700, por equipas, veterán (+55), femenina, sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10, sub-8.
4.- Para establecer a clasificación final do circuito seguiráse a seguinte orden:
A) Puntos totais (cos millores torneos): a puntuación será da seguinte maneira según a clasificación en cada torneo rápido:
– 25 puntos o primeiro clasificado.
– 20 puntos o segundo clasificado
– 17 puntos o terceiro clasificado.
– 15 puntos o cuarto clasificado.
– 13 puntos o quinto clasificado.
– 12 puntos o sexto clasificado.
– 10 puntos o sétimo clasificado.
– 9 puntos o oitavo clasificado.
– 8 puntos o noveno clasificado.
– 7 puntos o décimo clasificado.
– 6 puntos o undécimo clasificado.
– 5 puntos o duodécimo clasificado.
– 4 puntos o decimoterceiro clasificado.
– 3 puntos o decimocuarto clasificado.
– 2 puntos o decimoquinto clasificado.
– 1 punto do 16º o 20º.
- B) En caso de empate a puntos totais será vencedor o que teña o maior número de torneos disputados durante todo o circuito.
- C) En caso de empate a puntos e a número de torneos disputados, terase en conta os postos obtidos: más primeiros postos, segundos, terceiros….
5.- Premios: total 1.500€
XERAL
- 1º 300€ + trofeo
- 2º 225€ + trofeo
- 3º 170€ + trofeo
- 4º 125€
- 5º 100€
- 6º 80€
- 7º 70€
- 8º 60€
- 9º 50€
- 10º 40€
ESPECIÁIS:
- 1º clas Sub-2000: 30€ + trofeo 2º 20€
- 1º clas Sub-1700: 30€ + trofeo 2º 20€
- 1º clas Veterán(+55): 30€ + trofeo 2º 20€
- 1ª Femenina: 30€ + trofeo 2º 20€
- 1º Sub-18: 30€ + trofeo 2º 20€
- 1º Sub-16: trofeo
- 1º Sub-14: trofeo
- 1º Sub-12: trofeo
- 1º Sub-10: trofeo
- 1º Sub-8: trofeo
- 1º local: 30€ trofeo (consideranse locais os xogadores dos clubes organizadores)
- Por equipas: puntúan os 3 millores de cada equipo, alomenos dous deben haber xogado a metade dos torneos: 1º Por equipos : trofeo
Os premios pagaranse na clausura do circuito ou mediante transferencia, será obrigatorio a presencia na clausura para optar os premios finais do circuito, en caso de no acudir a organización reservase o dereito de entregar o premio o seguinte clasificado ou quedar deserto. Os premios non son acumulables, en caso de optar a varios entregarase o de maior cuantía, en caso de ser iguais na orden: xeral-tramo-veterano-feminino-sub-18-16-14-12-10-8.
6.- Calendario de torneos provisional, disputaranse 11 torneos nos concellos de:
Carballo-A Baña-Camariñas-Malpica-Cerceda-Arteixo-Rianxo-Ordes-Dumbría-Vimianzo-Zas
Cada torneo terá as suas propias bases e premios, a info de cada torneo estará na web oficial www.galichess.com e noutras webs como www.tabladeflandes.com, www.fegaxa.org, o calendario pode sufrir algún cambio con novas sedes e datas sen máis obligación que publicalo na web oficial www.galichess.com
Maio
-Día 17 Carballo
Xuño
-Día 15 A Baña
-Día 29 Camariñas
Xullo
-Día 6 Malpica
-Día 7 Cerceda
-Día 21 Arteixo
Agosto
Setembro
-Día 1 Rianxo
-Día 8 Ordes
-Día 21 Dumbría
-Día 29 Vimianzo
Outubro
Día 5 Baio e clausura circuito
7.- Desempates: cada torneo terá os propios, recomendase por este orden: 1. Resultado particular, 2. Bucholz -1, 3. Bucholz total, 4. ARO.
8.- A páxina web oficial do circuito será www.galichess.com, mais información no tfo. 617234393 ou en [email protected].
9. A organización reservase o dereito de admisión tanto no circuito coma nos torneos que organiza directamente. Todas as conductas antideportivas, tanto contra outros xogadores coma hacia os membros da organización ou equipo arbitral e non xogar limpo, levarán a exclusión do circuito e a imposiblidade de xogar nos torneos organizados pola dirección do circuito. Tamén as incomparecencias inxustificadas, incluidas nas 1as roldas dos torneos, levarán a exclusión do circuito.
10. A participación no circuito supón a aceptación plena e incondicional destas bases xerais e das particulares de cada torneo.
10.- Todos os xogadores do circuito autorizan a publicación dos seus datos personais e imáxenes nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listas de resultados, clasificacións, participantes, partidas, etc…).
11.- O Circuito está organizado polo club xadrez Arteixo, coa colaboración do club xadrez O Toque Xiria de Carballo, xadrez Náutico de Camariñas, club xadrez Irindo, Guillán Malpica, xadrez Rianxo e Xadrez Oroso. O director será Oscar de Prado, colaboran no circuito a Excma. Deputación da Coruña, Supermercados Gadis, Frutas Fondo, Schweppes y Trina, Calvo e os concellos de Arteixo, Carballo, Camariñas, Zas, Malpica, A Baña, Ordes, Dumbría, Vimianzo, Rianxo e Cerceda.
Preme en cada categoría para ver as Clasificacións Xerais do VIII Circuíto Intercomarcal de xadrez – Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral Absoluta do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral sub-2000 do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral sub-1700 do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral veterán do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral feminina do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral sub-18 do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral sub-16 do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral sub-14 do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral sub-12 do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral sub-10 do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral sub-8 do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024
– Clasificación xeral por equipas do VIII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024