Este sábado y domingo se juega el XI Torneo de Xadrez Cidade de Viveiro,torneo de semirápidas en 2 tardes y que reparte 2.000€ en premios y que además es válido para el Circuito Gallego de ajedrez si bien puntúa bastante menos que los torneos de 9 días, bases en pdf en tabladeflandes.
XI TORNEO DE XADREZ "CIDADE DE VIVEIRO"
Viveiro os días 30 e 31 de Xullo do 2011
Bases do Torneo :
1. O torneo disputarase a 8 roldas polo sistema suízo os días 30 e 31 de Xullo do 2011. O local de xogo
será O Casino de Viveiro sito en Avda. Ramón Canosa.
2. A duración das partidas será de 25 minutos por xogador.
3. Establecerase un límite de 80 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición, a organización
reservase o dereito de aumentar o número de prazas.
4. O importe da inscrición será de 12 € para os maiores de 18 anos, e de 3 € para os menores de 18 anos.
A inscrición será gratuita para os socios do Casino e para os xogadores con unha puntuación ELO
superior os 2350 puntos.
A inscrición poderá formalizarse chamando ós Tfnos.- 982 560394, 608 414485, ou directamente na
Casa da Xuventude de Viveiro. Avda, Cervantes s/n, en horario de 16 a 22 horas de luns a venres. O
prazo para inscribirse rematará o día 29 de Xullo as 20 horas
A organización reservase o dereito de aceptar inscricións en calquera momento e non incluír na 1ª rolda
a xogadores inscritos fora de prazo ou que non abonaran a taxa de inscrición.
Poderase abonar os dereitos de inscrición en calquera das sucursais de CAIXANOVA no nº de conta :
2080/0187/010040006398.
No suposto de ter dificultades para abonar a inscrición, esta poderase facer efectiva ata unha hora antes
do comezo do Torneo, nas instalacións do Casino de Viveiro , sempre que xa se estivera inscrito antes
do 29 de Xullo
5. O comezo do torneo será as 15:45 horas do sábado dia 30 de Xullo, de acordo co seguinte horario :
6.
1ª rolda día 30 de Xullo ás 15:45 horas
2ª rolda día 30 de Xullo ás 17:00 horas
3ª rolda día 30 de Xullo as 18:00 horas
4ª rolda día 30 de Xullo as 19:00 horas
5ª rolda día 31 de Xullo as 16:00 horas
6ª rolda día 31 de Xullo as 17:00 horas
7ª rolda día 31 de Xullo as 18:00 horas
8ª rolda día 31 de Xullo as 19:00 horas
Entrega de premios o día 31 de Xullo de 2011 as 20:30 horas
7. Repartiranse premios porun valor de 2.000 €, distribuídos da seguinte forma :
1º Clasificado 450 € e Trofeo 6º Clasificado 80 € 11º Clasificado 50 €
2º Clasificado 300 € e Trofeo 7º Clasificado 70 € 12º Clasificado 50 €
3º Clasificado 200 € e Trofeo 8º Clasificado 60 € 13º Clasificado 50 €
4º Clasificado 100 € 9º Clasificado 50 € 14º Clasificado 50 €
5º Clasificado 90 € 10º Clasificado 50 € 15º Clasificado 50 €
Premios Participantes da MARIÑA
1º Clasificado 50 € e Trofeo
2º Clasificado 40 € e Trofeo
3º Clasificado 20 € e Trofeo
4º Clasificado 10 €
Premios Participantes SUB 18
1º Clasificado 50 € e Trofeo
2º Clasificado. 40€ e Trofeo
3º Clasificado 20 € e Trofeo
4º Clasificado 10 €
Premios Participantes SUB 14
1º Clasificado 30 € e Trofeo
2º Clasificado 20 € e Trofeo
3º Clasificado 10 € e Trofeo
4º ó 13 º Clasificado Medallas
Os premios non serán acumulativos, no caso de concorrer un xogador a varios premios,
entregaráselle o de maior contía, ou mellor nivel.
Os xogadores que xogan na Liga da Mariña podran optar os premios da Mariña
7. No caso de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes e por esta orde :
Bucholz
Sonnenborg-Berger
Bucholz medio
Nº de victorias
Resultado particular
Color do enfrontamento entre ámbolos dous.
Sorteo
8. A vixente lei do xadrez da FIDE, e as presentes bases, rexerán a marcha do torneo.
9. O comité de apelación estará integrado por un representante da organización , e o equipo arbitral,
os cales serán os encargados de resolver calquera incidente.
10. A imcomparecencia a duas partidas consecutivas ou non, darán lugar a descalificación do torneo.
A organización reservase o dereito de proceder así mesmo a retirada do torneo de xogadores
ausentes na 1º rolda ou na 6ª rolda.
11. Queda prohibido fumar no local de xogo.
12. Cada participante virá provisto de D.N.I , e resgardo de pago de inscrición.
13. A perda da partida por incomparecencia aplicarase ós xogadores que non estén na sala de
xogo 15 minutos despois do inicio da rolda.
14. Para facer calqueira tipo de reclamcion pararase o reloxo e requerirase a presenza arbitral.
As reclamacións de táboas nas que o xogador reclamante posúa menos de 30 segundos deberán de
ser moi claras ou non se levarán a trámite.
15. A inscrición no X Torneo de Xadrez "Cidade de Viveiro" ,implica a aceptación das presentes.