Este pasado domingo día 24 disputouse o II torneo Concello de Vimianzo, VI proba do VII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2023, participaron un total de 53 xogadores chegados de Ponferrada, Ourense, Mos, Tui, Pontevedra, Santiago, Padrón, Ames, A Baña, A Coruña, Cambre, Betanzos, Arteixo, Carballo, Malpica, Val do Dubra y Vimianzo, destacando 1 MI e 1 MF., o torneo repartiu 800€ en premios mais trofeos, valedeiro para ELO FIDE de rápidas.

Os dous favoritos cumpliron cos pronósticos e ambos chegaron a última rolda empatados con 5,5 puntos tras empatar entre eles e gañar o resto, nesta última rolda o MF Sande gañou a Cordido mentres que o MI Espiñeira cedía tablas ante Casares, tras isto resultou campión o MF Jose Sande Ponferrada (xoga no Gijón64) con 6,5 puntos, 2º o MI Diego Espiñeira de Padrón con 6 puntos, 3º Emilio Paredes do Algalia con 6 puntos, 4º Fernando Casares do clubexa con 5,5 puntos, 5º Eduardo Cabañas da USC, 6º Breixo Longueira da EX Compostela, 7º Antón Quintás da USC todos con 5 puntos, 8º Juan Jose Lema de Padrón (e tamén millor local), 9º Pablo Cordido do Algalia, 10º Daniel Méndez de Arteixo.

Nos premios espaciáis 1º sub2000 Miguel Angel Vázquez do Millarengo, 1º sub1600 Mario Mañana de Arteixo, 1º sub18 Nicolás Amado do Val do Dubra, 1º veterán Juan Carlos Rodríguez Macondo, 1ª femenina Uxía Marrozos de Carballo, 1º sub16 Mateo Pena de Mos, 1º sub14 Sergio Calvo de E. Ames, 1º sub12 Javier Lema de Padrón, 1º sub10 Miguel Casado de Pontevedra, 1º sub8 Abraham Pereira de Arteixo, el afortunado de una cesta cortesía de frutas Fondo fue Francisco Eduardo Cabañas de Santiago, tanto no incio do torneo coma na clausura estiveron presentas o concelleiro de deportes D. Sergio Minoñes e a alcaldesa Dª Mónica Rodríguez que se mostraron encantados con evento e que van seguir apoiando o torneo nos vindeiros anos, a seguinte proba do circuito será o sábado día 30 de setembro en Cabana de Bergantiños, a clasificación final en info64 e o álbum de fotos en Facebook.

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat