Bases do VIII Aberto Concello de Carballo Clásico
Valedeiro para o XXXVI Circuito Gellego Internacional e o IX Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Datas: do domingo 31 de agosto o venres 5 de setembro de 2025
Local de xogo: Mercado Municipal de Abastos, planta alta.
Sistema de xogo: suizo a 7 roldas.
Ritmo de xogo: 90´ minutos + 30” segundos de incremento.
Horario de xogo: Presentación e acreditación domingo día 31 as 9:45
1ª rolda: domingo 31 as 10:00
2ª rolda: domingo 31 as 17:00
3ª rolda: luns día 1 as 17:00
4ª rolda: martes día 2 as 17:00
5ª rolda: mércores día 3 as 17:00
6ª rolda: xoves día 4 as 17:00
7ª rolda: venres día 5 as 16:30
Inscricions: ata o venres día 29 de agosto, GM-MI gratuita, xeral 20€, sub-16 15€, locais:10€, pódense realizar e pagar no enlace https://app.cluber.es/legacy/clubes/684a8b33c1771345570197/pagos/687dcc9d8b81f261689074, tamén no email [email protected] ou no 617234393 facendo ingreso no número de conta de Caixabank ES67-2100-2322-4302-0021-4876 indicando nome e apelidos e concepto: inscrición VIII Carballo clásico, as inscricións pagadas o día do torneo levaran recargo de 5€.
Emparellamentos: realizaránse mediante o programa informático Vega, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Días de descanso (Bye): Pódense solicitar ata un máximo de 2 Byes ata a 4ª rolda. Os Byes correspondentes a primeira rolda deberán formalizarse vía email (con acuse de recibo) antes de que remate o prazo de inscripción. Os Byes das seguintes roldas (2ª a 4ª) deberán formalizarse por escrito antes de que remate a rolda anterior en xogo, a rolda solicitada non se emparellará o xogador e daráselle medio punto.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados, o torneo será válido para Elo FIDE de xadrez clásico.
Desempates: 1.º Encontro Directo (DE), 2.º Roldas que un elixe xogar (REP), 3º Media de Bucholz dos rivais (AOB), 4º Bucholz -1* (BH-C1), 5º Elo medio dos rivais -1** (ARO-C1).*. Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade FIDE Bakú 2023 tanto para o cálculo dos rivais coma do propio xogador. ** Para xogadores sin Elo considerarase un Elo de 1400.
Tempo de espera: O tempo de demora será de 30 minutos (salvo casos excepcionáis donde o árbitro pode decidir aumentar ese tempo). Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.
Premios (en euros): total 2.000€, pagaranse por transferencia bancaria.
Xeral:
1º 300 € + trofeo
2º 250 € + trofeo
3º 220 € + trofeo
4º 200 €
5º 175 €
6º 150 €
7º 130 €
8º 100 €
9º 75 €
10º 60 €
Especiais:
1º sub 2000 50 €
1º sub 1700 50 €
1º veterán (+55) 50 €
1ª feminina 50 €
1º sub 18 50 €
Locais: (club xadrez O Toque Xiria)
1º 40 € + trofeo
2º 30 € + trofeo
3º 20 € + trofeo
Trofeos para o millor:
1º sub 16
1º sub 14
1º sub 12
1º sub 10
1º sub 8
1º sub18 local
1º sub12 local
Sorteo dunha de cesta de Frutas Fondo ou cheque regalo de Gadis, o remate do torneo entre todos os no premiados. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios no son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral.
O torneo será válido para o XXXVI Circuito Galego Internacional de xadrez e para o IX Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña 2025.
Regras de xogo: Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
Aceptación: Os xogadores inscritos autorizan a organización do torneo, a difusión de información ou o uso de imaxes ou o nome do equipo e dos seus xogadores nos medios de comunicación ou nos anuncios e reportaxes da competición, sempre que non supoña un prexuízo para a súa honra ou reputación, nin que sexa contrario aos seus intereses e sempre dentro do marco legal establecido no Código Civil, na Lei de axuizamento civil e na Lei orgánica 15/99, do 13 de decembro, de protección de Datos Persoais.
Cesión de dereitos de imaxe: A inscripción a este torneo implica a aceptación das bases do mesmo, así como autoriza de forma expresa e voluntaria o club xadrez Arteixo a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña -incluso aquelos facilitados polo mesmo coa finalidade de publicar na páxina web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.
Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os videos, imaxes e/ou audios nos que aparezca, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que poideran desenvolverse no futuro, e para calquer aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación de aquelas utilizacións ou aplicacións que puidieran atentar ao dereito ao honor nos términos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil ao dereito ao honor, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado. Esta autorización pode ser revocada en calquera momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revocación, polo que a retirada do consentemento, non terá carácter retroactivo.
A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial www.galichess.com.
Organiza: Club xadrez O Toque Xiria Carballo
Colaboran: Concello de Carballo, Carballo Deporte, Turismo Carballo, Fundación Luis Calvo, Garaysa, Apunto 24h, Asesoría AFICO, Protección verde, Cervecería Bombonera, Correduría Sueiro, Perito Mario Lado, Pensión Rama, Apartahotel Porto Cabana, aXamonería, Hostal Rio Sil, Loterías Pazos, Frutas Fondo, Einstein Formación, Escola de Rúa, Teixeira-Pazos abogados.
Aloxamentos e restaurantes recomendados:
Pensión Rama: 981702057, [email protected], habitaciones con wifi y baño, cerca de la sala de juego, Avda. Finisterre, nº 17 Carballo.
Hostal-Restaurante Rio Sil: 981700478 | [email protected], Rúa Río Sil, 43 Carballo.
aXamonería: 680390415 Rúa Coruña, 17 Carballo, Tablas, racions, tostas, piadinas etc..
Cervecería La Bombonera: 881983547, Rúa Vicente Risco 13 Carballo, menús, raciones, tapas, bocatas.
Puedes consultar otros alojamientos y restaurantes en la web de Turismo Carballo.
