VII CIRCUITO INTERCOMARCAL DE XADREZ DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2023

BASES DO CIRCUITO:

1.- O circuito constará de 9 torneos de xadrez a disputar entre xullo e outubro de 2023, será aberto a xogadores federados e serán válidos para Elo FIDE.

2.- Para optar os premios finais do circuito será necesario participar en 5 dos torneos totais do circuito.

3.- Estableceranse premios finais para as seguintes categorías: xeral, por tramos de Elo sub-2000 e sub-1600, por equipas, veterán (+55), femenina, sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10, sub-8 e millor local.

4.- Para establecer a clasificación final do circuito seguiráse a seguinte orden:

A) Puntos totais (cos millores torneos): a puntuación será da seguinte maneira según a clasificación en cada torneo rápido:
– 25 puntos o primeiro clasificado.                 – 8 puntos o noveno clasificado.
– 20 puntos o segundo clasificado                  – 7 puntos o décimo clasificado.
– 17 puntos o terceiro clasificado.                   – 6 puntos o undécimo clasificado.
– 15 puntos o cuarto clasificado.                      – 5 puntos o duodécimo clasificado.
– 13 puntos o quinto clasificado.                      – 4 puntos o decimoterceiro clasificado.
– 12 puntos o sexto clasificado.                        – 3 puntos o decimocuarto clasificado.
– 10 puntos o sétimo clasificado.                      – 2 puntos o decimoquinto clasificado.
– 9 puntos o oitavo clasificado.                         – 1 punto do 16º o 20º.

Os torneos de xadrez clásico puntuarán:
– 27 puntos o primeiro clasificado.                   – 9 puntos o noveno clasificado.
– 23 puntos o segundo clasificado                   – 8 puntos o décimo clasificado.
– 20 puntos o terceiro clasificado.                    – 7 puntos o undécimo clasificado.
– 18 puntos o cuarto clasificado.                      – 6 puntos o duodécimo clasificado.
– 16 puntos o quinto clasificado.                      – 5 puntos o decimoterceiro clasificado.
– 14 puntos o sexto clasificado.                        – 4 puntos o decimocuarto clasificado.
– 12 puntos o sétimo clasificado.                      – 3 puntos o decimoquinto clasificado.
– 10 puntos o oitavo clasificado.                       – 2 puntos do 16º o 20º.

  1. B) En caso de empate a puntos totais será vencedor o que teña o maior número de torneos disputados durante todo o circuito.
  2. C) En caso de empate a puntos e a número de torneos disputados, terase en conta os postos obtidos: más primeiros postos, segundos, terceiros….

5.- Premios: total 1.000€
Xeral:
1º   200€ + trofeo       6º 70€         
2º   150€ + trofeo       7º 60€         
3º   120€ + trofeo       8º 50€        
4º   100€                      9º40€           
5º   80€                     10º 30€       
Especiáis:
1º clas Sub-2000:  20€ + trofeo
1º clas Sub-1600: 20€ + trofeo
1º clas Veterán(+55): 20€ + trofeo
1ª Femenina: 20€ + trofeo
1º Sub-18: 20€ + trofeo
1º Sub-16: trofeo 
1º Sub-14: trofeo 
1º Sub-12: trofeo 
1º Sub-10: trofeo 
1º Sub-8: trofeo 
1º local: trofeo  (consideranse locais os xogadores dos clubes organizadores)
Por equipas: puntúan os 3 millores de cada equipo, al menos 2 hayan jugado la mitad de torneos
1º Por equipas : trofeo

Os premios pagaranse na clausura do circuito ou mediante transferencia, será obrigatorio a presencia na clausura para optar os premios finais do circuito, en caso de no acudir a organización reservase o dereito de entregar o premio o seguinte clasificado ou quedar deserto. Os premios non son acumulables, en caso de optar a varios entregarase o de maior cuantía, en caso de ser iguais na orden: xeral-tramo-veterano-feminino-sub-18-16-14-12-10-8.

6.- Calendario de torneos provisional, disputaranse 9 torneos nos concellos de:
Camariñas-Cerceda-Arteixo-Carballo-A Baña-Vimianzo-Cabana-Malpica-Zas

Cada torneo terá as suas propias bases e premios, a info de cada torneo estará na web oficial www.pokeryajedrez.com e noutras webs como a de www.tabladeflandes.com,  o calendario pode sufrir algún cambio con novas sedes e datas sen máis obligación que publicalo na web oficial www.pokeryajedrez.com.

Xullo:
Día 1 Camariñas
Día 16 Cerceda
Día 22 Arteixo

Agosto:
Do venres 25 de agosto o venres 1 de setembro Carballo

Setembro:
Día 17 A Baña 
Día 24 Vimianzo
Día 30 Cabana

Outubro:
Día 7 Malpica
Día 12 Baio e clausura circuito.

7.- Desempates: cada torneo terá os propios, recomendase por este orden: 1. Resultado particular, 2. Bucholz -1, 3. Bucholz total, 4. ARO.

8.- A páxina web oficial do circuito será www.pokeryajedrez.com, mais información no tfo. 617234393 ou en [email protected].

9. A organización reservase o dereito de admisión tanto no circuito coma nos torneos que organiza directamente. Todas as conductas antideportivas, tanto contra outros xogadores coma hacia os membros da organización ou equipo arbitral e non xogar limpo, levarán a exclusión do circuito e a imposiblidade de xogar nos torneos organizados pola dirección do circuito. Tamén as incomparecencias inxustificadas, incluidas nas 1as roldas dos torneos, levarán a exclusión do circuito.

10. A participación no circuito supón a aceptación plena e incondicional destas bases xerais e das particulares de cada torneo.

10.- Todos os xogadores do circuito autorizan a publicación dos seus datos personais e imáxenes nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listas de resultados, clasificacións, participantes, partidas, etc…).

11.- O Circuito está organizado polo club xadrez Arteixo, coa colaboración do club xadrez O Toque Xiria de Carballo, xadrez Náutico de Camariñas, club xadrez Irindo, Guillán Malpica. O director será Oscar de Prado, colaboran no circuito a Excma. Deputación da Coruña, Supermercados Gadis, Frutas Fondo, Schweppes y Trina, Calvo e os concellos de Arteixo, Carballo, Camariñas, Zas, Malpica, A Baña, Cabana de Bergantiños, Vimianzo e Cerceda.

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat