Comparte en tus Redes Sociales!

Bases do VIII Torneo Escolar Concello de Arteixo

Organizador do torneo: Club Xadrez Arteixo.

Data: Sábado 2 de xuño de 2018.

Lugar de Xogo: Pabellón Municipal, Avda. Arsenio Iglesias s/n   Arteixo

Categorías:
Sub6-8 “Pre-benxamín” nados 2010-2012 e posterior.
Sub10 «Benxamín»: nados 2008 e 2009.
Sub12 «Alevín»: nados 2006 e 2007.
Sub14-16-18 «Infantil-cadete-xuvenil»: nados 2000-2005

Sistema de Xogo: suizo a 6 roldas.

Ritmo de Xogo: 10 minutos + 3 segundos de incremento.

Horario de Xogo: Presentación e confirmación de xogadores 16:15, 1ª rolda: 16:30, 2ª rolda 17:00, 3ª rolda 17:30, 4ª rolda 18:00, 5ª rolda 18:30, 6ª rolda 19:00, clausura as 20 horas.

Inscricións: Ata o venres 1 de xunio ou ata a chegar o tope de 100 xogadores/as. A inscrición no torneo e gratuita e pode facerse no mail: [email protected],  ou no tfno: 617234393

Desempates: 1º resultado particular, 2º Bucholz Brasileiro-1, 3º Bucholz Total, 4º Progresivo ata as últimas consecuencias,

Xogadas Ilegais: Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida.

Premios: Trofeos para os cinco primeiros clasificados sub8, sub10, sub12, sub14-18, categoría sub6 os 3 primeiros. Trofeo para a millor clasificada femenina sub8,10,12,14-18, medallas para todos os participantes. Sorteo de libros e regalos o final do torneo entre todos os participantes. Todos os participantes recibirán bebida e merenda.

Para o non especifícado nestas bases aplicarase o regulamento FIDE.

A inscrición no torneo supón a aceptación das bases e a autorización dos participantes para publicar os seus nomes ou fotografías nos diversos medios de comunicación, co único obxecto de dar publicidade ao evento.

A organización resérvase o dereito a modificar estas bases sen mais aviso ca sua publicación na web: http://www.pokeryajedrez.com/