Comparte en tus Redes Sociales!

Do 21 o 26 de agosto o Club xadrez O Toque Xiria Carballo organiza o I torneo Maxistral de xadrez, as partidas disputaránse na planta alta do Mercado de Abastos e a ewntrada e libre. Tratase dun torneo fechado de 10 xogadores e valedeiro para normas de GM-MI, única proba de este estilo en Galicia nestes últimos anos. O torneo está patrocinado pola Excma. Deputación da Coruña e conta ca colaboración do Concello de Carballo, aXamoneria, Bombonera, Pensión Rama e Hostal Rio Sil.

Os xogadores particpantes son:

Neuris Delgado Ramirez Elo 2558, e un Grande Mestre Internacional de xadrez Paraguayo, aunque de orixen cubano, e o actual número uno do seu pais, foi tamén campeón xuvenil de Cuba e 2º absoluto, representou a Cuba e Paraguay en varias Olimpadas e torneos por equipas con resultados destacados, coma en 2001 en Ereván, donde acadou a medalla de ouro individual o segundo tableiro reserva. Ha gañado numerosos torneos internacionais e actualmente destaca a sua labor coma adestrador, o seu Elo máximo foi 2636 en lentas e 2697 en rápidas.

Aleksa Strikovic Elo 2458, e un Grande Mestre Serbio, ainda que leva afincado en Cambre (A Coruña) dende comezos dos anos 90, foi campión da extinta Yugoslavia no ano 1992 e xogou a Olimpiada de 1998, sobre todo é un trotamundos do tableiro, donde ha xogado e ganado torneos en moitos paises e sobre todo por toda a xeografía española, destacando sobre todo nos ritmos rápidos, o seu Elo mais alto foi 2573 en lentas e 2608 en rápidas.

Vladimir Petkov Elo 2448, e un Grande Mestre de Bulgaria, ainda que está afincado en Chantada (Lugo) dende hai uns anos, destacou no xadrez a unha idade tardía pero acadou rapidamente o tiulo de MI e logo GM, foi Olimpico polo seu pais en 2006 e tamén xogou o Campionato de Europa por seleccións en 2013, ha participàdo e gañado numeros torneos abertos, e o actual campión do V Aberto Concello de Carballo clásico no ano 2022, o seu Elo mais alto foi 2573 en lentas.

Lennis Martínez Ramirez Elo 2457, e un Mestre Internacional de Cuba, actualmente reside en España, xoga para o club Shahmat de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz), tratando de convertirse en GM, en Carballo buscará a sua primeira norma de Grande Mestre, chega en un bo estado de forma xa que está a ter un moi bo verano en Galicia, onde ha gañado os fortes torneos abertos de Ferrol e de Cambados, e o líder do XXXIV Circutio Gaelgo de xadrez, o seu Elo máximo foi 2459 en lentas e 2493 en rápidas.

Roberto Carlos Gómez Ledo Elo 2450, e un Mestre Internacional de Cuba, ainda que leva xa varios anos afincado primeiro en Portugal e despois en España, actualmente xoga para a Peña Isleña de San Fernando (Cádiz), tamén tratará de conseguir a norma de GM no Maxistral de Carballo, este verán gañou o forte torneo de xadrez de Ourense, o seu Elo mais alto foi 2472 en lentas e 2501 en rápidas.

Jose Francisco R P Neves Veiga Elo 2389, e un xoven Mestre Internacional de Portugal, con tan so 20 anos e o número 8 do seu país, está a buscar a sua primeria norma de GM que pode acadar en Carballo, e un talentoso xogador que ademais xa ten ampla experiencia en torneos internacionais, o seu Elo mais alto foi 2409 en lentas.

Enrique Tejedor Fuentes Elo 2386, e un Mestre Internacional de Cantabria (España) que xoga no Solvay, se ben ten resultados destacados en xadrez clásico, este verán acaba de gañar o Open de Xixón 64, os seus resultados máis destacados son no xadrez rápido, foi Campión de España de xadrez relámpago no 2018 e campión de España de xadrez rápido en 2019, tratará de acadar a norma de GM en Carballo, o seu Elo mais alto foi 2457 en lentas, 2536 en rápidas e 2578 en blitz.

Diego Cacheiro Blanco Elo 2343, e un xoven Mestre Fide de 15 anos de Santiago, xoga na USC, que está a aumentar a sua forza nos últimos anos de forma exponencial, en 2022 tiña so 2047 de Elo, en 1 ano acadou os 2343, en 2022 gañou o Open Internacional de Mondariz, en 2023 quedou campión galego sub16, subiu a preferente ca USC facendo 11 de 11 en 1ª división, quedou subcampión de España sub16 en Salobreña en xullo, e acaba de quedar 2º no forte Open do Albariño de Cambados, tratará de acadar a sua 1ª norma de Mestre Internacional (ou incluso de GM), o seu Elo máximo virtual e nestes momentos con 2355 tras subir 12 puntos en CamBados, e unha das millores promesas galegas na actualidade e en Carballo tratará de confirmalo.

Xulio del Prado Rodríguez Elo 2333, e un xoven Mestre Fide de 16 anos de Vigo, ainda que xoga no xadrez Ourense, foi Mestre Fide con so 13 anos, e despois dun tempo irregular na sua progresión, este ano está a despegar de novo rumbo o título de Mestre Internacional, acaba de quedar campión de España sub16 en Salobreña en xullo gañando os millores xogadores, tamén quedou campión de España sub18 de xadrez rápido, ten ampla experiencia en torneos abertos e en varios fechados coma o de Carballo, tratará de buscar a norma de MI (ou a de GM), o seu Elo mais alto foi 2347.

Rafael Rodríguez López Elo 2171, e un veterán Mestre Internacional de Vigo, ten moita experiencia en todo tipo de torneos, tanto abertos como fechados, e entre as suas víctimas contan varios fortes GM de +2600, cos anos Rafa baixou o seu rendemento, pero non perdeu a ilusión de acadar o título de GM, na actualidade e un xogador moi irregular capaz do millor e do pior, a pesar do seu Elo baixo seguro dará moita guerra e alguna sorpresa, o seu Elo mais alto foi 2410.

Bases do I Maxistral O Toque Xiria Carballo

Calendario: disputaranse 9 roldas do 21 o 26 de agosto ambos inclusive co seguinte horario:

  • Rolda 1ª: Día 21 as 17:00 horas 
  • Rolda 2ª: Día 22 as 10:00 horas 
  • Rolda 3ª: Día 22 as 17:00 horas 
  • Rolda 4ª: Día 23 as 10:00 horas 
  • Rolda 5ª: Día 23 as 17:00 horas 
  • Rolda 6ª: Día 24 as 10:00 horas 
  • Rolda 7ª: Día 24 as 17:00 horas 
  • Rolda 8ª: Día 25 as 10:00 horas 
  • Rolda 9ª: Día 26 as 10:00 horas 

Clausura: sábado día 26 as 14:00 horas

Lugar de xogo: Planta alta mercado de abastos de Carballo, Rua Cervantes

Sistema de xogo: Torneo fechado Sistema Liga (Round Robín) con 10 xogadores e 9 roldas.

Ritmo de xogo: 90 minutos mais 30 segundos de incremento por xogada.

Sistemas de desempate: A efectos da clasificación final, aplicaranse os seguintes sistemas de desempate na orde indicada:

  • 1º. Resultado Particular.
  • 2º. Sonnenborn-Berger.
  • 3º. Sistema Koya.

Tempo de demora: O tempo de demora será de 30 minutos

Comité de Competición: Estará integrado por:

  • Catro participantes elexidos polos xogadores durante a primeira rolda, dos deles actuarán en calidade de suplentes, para aqueles conflictos nos que se puideran ver implicado algún os titulares.
  • O director del Torneo ou persoa na que él delegue, que actuará de presidente del Comité.

Calquera reclamación a unha decisión arbitral deberá dirixirse por escrito o Comité de Competición, como máximo media hora despois de finalizada a rolda. As decisiones do citado comité serán firmes a todos os efectos.

Dispositivos electrónicos.  Dacordo ca normativa vixente calquera xogador en xogo cun dispositivo electrónico sen a autorización arbitral perderá automáticamente a partida.

Autorización de los participantes. Os participantes do torneo, o seus tutores legais no caso de menores de idade, autorizan a publicación dos seus datos personais e imaxen nos diferentes medios que a Organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listados de resultados, clasificacions, emparellamentos, retransmisión das partidas, fotografías e videos do torneo, etc.)

Disposicións finais.

O Torneo será válido, a efectos de consecución de Normas Internacionales de Gran Mestre e de Mestre Internacional e de variación de ELO FIDE, FEDA. Este torneo rexirase poas presentes Bases, as Leis do xadrez da FIDE e o resto da normativa vixente (interpretacions e suplementos incluidos), as cales quedan suxeitas todos os participantes durante o desenrolo do torneo.