Comparte en tus Redes Sociales!

IV TORNEO MAXISTRAL XIRIA CARBALLO

Bases do Torneo

Organiza: Club Xadrez O Toque Xiria Carballo

Patrocina: Deputación da Coruña

Colabora: Concello de Carballo

Participantes: Torneo fechado de 10 xogadores para norma de MI, mais información no email [email protected].

Listado de xogadores en info64.

Ranking inicial
Ran. Tít. Nombre Fed. FIDE FIDE ID Origen/Club
1 Cabanas Lopez, Eduardo ESP 2251 24599921 Marquiño
2 GM Movsziszian, Karen ARM 2380 13301152 Armenia
3 FM Cacheiro Blanco, Diego ESP 2429 54541042 USC
4 FM Morales Marmol, Marcos Antonio CUB 2276 3518302 Ferrolano
5 FM Del Prado Rodriguez, Xulio ESP 2399 24544418 X. Ourense
6 FM Sande Edreira, Jose Antonio ESP 2260 2204487 Mirko
7 CM Fernandez Ramos, Iago ESP 2264 24582565 Marquiño
8 FM Silva, Pedro Gil Ferreira Da POR 2351 1946102 Guimaraes
9 GM Strikovic, Aleksa SRB 2398 900150 ELX
10 GM Petkov, Vladimir BUL 2422 2901188 Chantadino

Calendario: do 16 o 21 de agosto de 2026
1ª rolda día 16 as 17:00
2ª rolda día 17 as 10:00, 3ª rolda día 17 as 16:30
4ª rolda día 18 as 10:00, 5ª rolda día 18 as 16:30
6ª rolda día 19 as 16:30
7ª rolda día 20 as 10:00, 8ª rolda día 20 as 16:30
9ª rolda día 21 as 10:00

Local de xogo: Mercado Municipal de Abastos, planta alta.

Sistema de xogo: Torneo Fechado Sistema Liga (Round Robín) con 10 xogadores a 1 volta, valedeiro para norma de MI.

Ritmo de xogo: 90 minutos mais 30 segundos de incremento por xogada.

Sistemas de desempate: A efectos da clasificación final, aplicaranse os seguintes sistemas de desempate por esta orde:

  • 1º Sonnenborn-Berger.
  • 2º Sistema Koya.
  • 3º Sonnenborn-Berger C1
  • 4º Número de victorias

Tempo de espera:  o tempo máximo permitido de demora e de 30 minutos.

Premios: haberá trofeos para todos os participantes.

Comité de Competición. Estará integrado por:

  • Catro participantes elixidos polos xogadores durante a primeira rolda, dos cales actuarán en calidad de suplentes.
  • O director do Torneo ou persoa na que él delegue, que actuará de presidente do Comité.

Calquera reclamación a una decisión arbitral deberá dirixirse por escrito o Comité de Competición, como máximo media hora despois de finalizada a rolda. As decisións do comité serán firmes a todos os efectos.

Dispositivos electrónicos: Dacordo ca normativa vixente non están permitidos os dispositivos electrónicos na sala de xogo, salvo os que autorice o árbitro, habilitarase una mesa para deixalos se fora posible.

Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes, o dos seus titores legais en caso de menores de idade, para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc..)

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat