Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Muxía – XIII proba e clausura do II Circuito Intercomarcal Deputación de A Coruña
Data: xoves 12 de outubro de 2017.
Local de xogo: Edificio de Servicios Múltiples de Muxía, praza Camposa s/n (enfronte o Eroski)
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 11:30 a 14:00 e 16:00 a 18:00. Clausura do circuito e pinchos as 19:00, daranse camisetas e medallas ata fin de existencias por número de torneos xogados.
Emparellamentos: realizaránse mediante programa informático, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 11), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido.
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail [email protected] ou no 617234393 hasta o mércores día 11 de outubro.
Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.
Premios (en euros): total 500€ (pagaranse por transferencia bancaria)
Xeral: Especiáis: Locais:
1º 100€ + trofeo 1º sub-2000:10€ 1º 10€ + trofeo
2º 80€ 1º sub-1600:10€ 2º trofeo
3º 70€ 1º veterano: trofeo
4º 60€ 1º sub-16: trofeo
5º 50€ 1º sub-14: trofeo
6º 40€ 1º sub-12: trofeo
7º 30€ 1º sub-10: trofeo
8º 20€ 1º sub-8: trofeo
9º 10€ 1ª femenina: trofeo
10º 10€ 1º sub-18: trofeo
Sorteo dun cheque regalo de Gadis por valor de 20€ entre os non premiados. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios non son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral do circuito. Se algún premio queda deserto queda para a organización de cara os premios do circuito.
Regras de xogo: Aplicarase o especificado no apéndice A4 das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos pra difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc…) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial pokeryajedrez.com.