Comparte en tus Redes Sociales!

XV TORNEO INTERNACIONAL CONCELLO DE RIANXO FESTIVAL ABERTO DE XADREZ
Rianxo, domingo 1 de setembro de 2024  – Valedeiro VIII Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña 2024.

Bases do torneo

Organiza: Club Xadrez Rianxo

Patrocina: Concello de Rianxo

Colabora: Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Abanca, Congalsa, Conservera de Rianxo e Hotel Scala.

Local de xogo: Pavillón de Deportes de Rianxo “José Manuel Abuín”

Director del torneo: Néstor Martínez Dourado

Árbitro principal: IA Oscar Bruno de Prado Rodríguez (2203600)

Categorías: Torneo sen límite de idade. Este torneo será válido para elo FIDE de rápidas.

Sistema e ritmo de xogo:Suizo a 9 rondas a un ritmo de 10 minutos + 5 segundos por xogada “non se aplicarán as directrices III agás en casos excepcionais aceptados polo árbitro”. Seguiranse as normas da FIDE recollidas nas Leis do Xadrez e demais regulamentos, en particular o apéndice A xadrez rápido, artigo A.4 partidas sen supervisión axeitada.

Utilizarase o programa VEGA e os emparellamentos serán por sistema suízo acelerado baku, non se admitirán reclamacións.

Un resultado mal introducido ou unha rolda publicada non se modificará agás que o árbitro decida outra cousa.

Calendario de xogo:

Presentación: 10:30 horas Rolda 5: 16:00 horas
Rolda 1: 11:00 horas Rolda 6: 16:45 horas
Rolda 2: 11:45 hora Rolda 7: 17:30 horas
Rolda 3: 12:30 hora Rolda 8: 18:15 horas
Rolda 4: 13:15 hora Rolda 9: 19:00 horas

Entrega de premios: 19:45 horas, aproximadamente.

Tempo de espera: Ata caída de bandeira. Tódolos xogadores deberán estar na primeira rolda agás byes.

Orde de forza: segundo elo FIDE rápidas (para os que non teñen usarase o elo FIDE estándar), título e orde alfabética.

Byes: no Torneo Xeral poderanse solicitar hasta 3 byes de medio punto agás nas 2 últimas rondas. Os byes solicitaranse por escrito antes de primeira ronda e deberán ser confirmados pola organización, no correo es[email protected] , Os byes solicitados posteriormente requirirán a aprobación da organización.

Desempates:   1.Encontro Directo* (DE), 2. Partidas que un elixe xogar* (GE), 3.Bucholz brasileiro -2* (BH-C2), 4.Bucholz Total* (BH), 5.Media de Elo dos rivais -1** (ARO-C1), 6.APRO

* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Bakú 2023 da FIDE tanto para o cálculo dos rivais coma do propio xogador.

** Para os xogadores sen Elo considerarase un Elo de 1400.

Comité de apelación: estará formado polo director do torneo, o presidente do club e os árbitros do torneo.

Inscricións: Os xogadores deben ter a licencia federativa en vigor.

Faranse a través do correo es[email protected] ou whatsapp 680193289 indicando nome, apelidos, data de nacemento e código FIDE.

Prazo: ata o venres 30 de agosto. Resérvase o dereito a admitir inscricións posteriores.

Cota: 10 euros, a pagar no local de xogo antes da primeira ronda.

Están exentos do pago os xogadores titulados (GM,MI,MF,CM,WGM,WMI e WMF) e socios do Club Xadrez Rianxo.

A organización publicará o listado de inscritos en info64.org. A organización resérvase o dereito de admisión.

A participación no torneo supón a aceptación destas bases.

Táboa de Premios
Xeral                             1º sub2000: 100€
1º 750€                        1º sub1700: 100€
2º 500€
3º 300€
4º 200€
5º 180€
6º 150€
7º 120€
8º 100€

Os premios en metálico non son acumulables, en caso de optar a varios concederase o de máis valor, e a igual valor entregaranse polo orde que aparecen na táboa de premios.

Considéranse SUB os xogadores co seu elo igual ou menor ao número indicado para o tramo.

Para recoller os premios os xogadores teñen que aceptalo e recollelo persoalmente no acto público de entrega, ou mediante representante notificado expresamente á Organización.

Os participantes e os delegados de cada club autorizan á organización a difusión de información, a utilización de imaxes e nomes de equipos e xogadores nos medios de comunicación, publicidade e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria ós seus intereses e sempre no marco legal que se fixa no Código Civil, na Lei de Axuizamento Civil e na LO 15/99, de 13 de Decembro, de Protección do Datos de Carácter Persoal.

A organización resérvase o dereito a modificar as bases co único requisito da súa publicación no facebook do Club Xadrez Rianxo.