Bases do III Aberto de Xadrez Fundación Luis Calvo de CarballoValedeiro para o III Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña

Data: venres 12 de outubro de 2018.

Local de xogo: Espazo Xove de Carballo, Rúa Valle Inclán nº24.

Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.

Ritmo de xogo: 10´+ 3”

Horario de xogo: 11:00 presentación, 11:15 1º rolda, 12:00 2ª, 12:40 3ª, 13:20 4ª, 16:00 5ª, 16:40 6ª, 17:20 7ª, (18:00 8ª)
19:30 (20:00) Clausura do III Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña ca entrega de premios e pinchos.

Emparellamentos: realizaránse mediante programa informático, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.

Participantes: todos os xogadores deben estar federados, o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido, a organización reservase o dereito de admisión e os xogadores sancionados ou excluidos do circuito non poderán participar.

Inscricions: xeral 7€, sub-14 4€, locais: 4€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail [email protected] ou no 617234393 ata o xoves día 11 de outubro.

Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e APRO.

Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios (en euros): total 700€. (Pagaranse por transferencia bancaria)
Xeral:                                    Especiáis:                       Locais:
1º 120€ + trofeo                   1º sub-2000:15€              1º  20€ + trofeo
2º 100€                                 1º sub-1600:15€                2º 15€ + trofeo
3º 80€                                   1º Veterano:15€                3º 10€  + trofeo
4º 70€                                   1º femenina: 15€
5º 60€                                   1º sub-18: 15€
6º 50€                                   1º sub-16: trofeo
7º 40€                                   1º sub-14: trofeo
8º 30€                                   1º sub-12: trofeo
9º 25€                                   1º sub-10: trofeo
10º 20€                                 1ª sub-8: trofeo
Sorteo dun cheque regalo de Gadis por valor de 20€ o cesta de Frutas Fondo entre os non premiados. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios non son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral.

Regras de xogo: Aplicarase o especificado no apéndice A4 das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos pra difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc…) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial pokeryajedrez.com.