II TORNEO MAXISTRAL XIRIA CARBALLO
Do 2 o 7 o Club xadrez O Toque Xiria Carballo organiza o II torneo Maxistral de xadrez, as partidas disputaranse na planta alta do Mercado de Abastos e a entrada e libre. Tratase dun torneo fechado de 10 xogadores e valedeiro para normas de GM-MI, única proba de este estilo en Galicia nestes últimos anos. O torneo está patrocinado pola Excma. Deputación da Coruña e conta ca colaboración do Concello de Carballo, Carballo Deporte, Turismo Carballo, AXamonería, La Bombonera e Pensión Rama.
Podes ver toda a info do torneo en Info64. Os xogadores participantes son:
Daniel Eduardo Pulvett Marin Elo 2482, e un Mestre Internacional de xadrez Español, aunque de orixen Venezolano, ten dúas normas de GM e buscará en Carballo a 3ª e definitiva, hay que destacar que Eduardo ten discapacidade visual o que engadelle un mérito extra a sua carreira. Foi Campión Mundial Xuvenil de xadrez para Cegos e Deficientes Visuais (Suecia, 2009). Campión Mundial IBSA (Turquía, 2011). Medallista de ouro o primer tableiro na Paralimpiada IBCA (Chennai 2012) e no Campionato Mundial por Equipas (Zaragoza 2013). Integrou a Equipa Olímpica de Venezuela en Bakú 2016.
Mariano Ortega Amarelle Elo 2465, e un Mestre Internacional de Cabo Verde, ainda que de orixe Cubano, que se adica principalmente a adestrar xogadores, participou na 44th FIDE Chess Olympiad Chennai 2022 xogando no primer taboleiro acadou 9 ½ de 10 puntos posibles. 1º clasificado do Campionato Africano Individual da Zona 4.2 no 2023 e 2022. Campión do 1ª Open de Cabo Verde, 4 veces campión nacional de Cabo Verde e gañador de varios torneos en diferentes países, Mariano buscará a sua 1ª norma de GM xusto antes de ir a disputar a 45th Olimpada de xadrez en Hungria dende o 12 de setembro.
Mihail Marin Elo 2455, e un Grande Mestre internacional de Romania, clasificouse para o torneo Interzonal de Szirak en 1987 que daba plazas para o torneo de Candidatos. Gañou tres campionatos de Rumanía, participou en 10 Olimpadas de xadrez representando a Romania e gañando unha medalla de bronce individual no 1988. Durante varios anos foi editor da revista Xadrez Extrapress. Ademáis de ser un forte xogador e un recoñecido escritor de libros de xadrez, Aprende das lendas foi nombrado Libro do ano ChessCafe en 2005 e foi nominado para Libro do ano da BCF en 2004. Secretos da Defensa no xadrez foi nominado o libro do ano de ChessCafe 2003.
Vladimir Petkov Elo 2414, e un Grande Mestre de Bulgaria, ainda que está afincado en Chantada (Lugo) dende hai uns anos, destacou no xadrez a unha idade tardía pero acadou rapidamente o titulo de MI e logo GM, foi Olimpico polo seu pais en 2006 e tamén xogou o Campionato de Europa por seleccións en 2013, ha participado e gañado numeros torneos abertos como o V Aberto Concello de Carballo clásico no ano 2022.
Felix Antonio Ilinca Elo 2386, e un xoven xogador de Romania de 14 anos e virtual Mestre Internacional, xa ten 4 normas de MI e o Elo, está afincado en Alicante e incluso xogou para España ata hay 2 anos, sendo campión de España sub12 en 2022, ten un gran futuro por diante e buscará acadar a sua 1ª norma de GM en Carballo.
Jonás Prado Lobo Elo 2385, e un Mestre Internacional Asturiano de 21 anos, buscará en Carballo a sua 1ª norma de GM. Ten Oito títulos de campión de Asturias e vitorias nos Campionatos de Asturias de Rápido en 2021, 2023 e 2024. Campión de España Sub-10 en 2013 e terceiro posto no Campionato de España Universitario 2023. Título de Mestre Internacional (IM), conquista no Trofeo Principado de Asturias en 2023 e superando a marca de 2400 puntos FIDE Elo.
Aleksa Strikovic Elo 2458, e un Grande Mestre Serbio, ainda que leva afincado en Cambre (A Coruña) dende comezos dos anos 90, foi campión da extinta Yugoslavia no ano 1992 e xogou a Olimpiada de 1998, sobre todo é un trotamundos do tableiro, donde ha xogado e ganado torneos en moitos paises e sobre todo por toda a xeografía española, destacando sobre todo nos ritmos rápidos, o seu Elo mais alto foi 2573 en lentas e 2608 en rápidas.
Alberto Portela Peleteiro Elo 2339, e un Mestre FIDE de Pontevedra, foi campión de España por autonomías con Galicia en 2013, campión galego por idades, campión galego absoluto en 2016, Mestre FIDE dende 2015, 3 veces campión da División de Honra da Liga Galega, participación en 4 campionatos de Europa de edades, 1 subcampionato de España por idades, 2 terceiros postos no Campionato de España por idades.
Diego Cacheiro Blanco Elo 2308, e un xoven Mestre Fide de 16 anos de Santiago, xoga na USC, que está a aumentar a sua forza nos últimos anos de forma exponencial, quedou subcampión de España sub16 en Salobreña en 2023, e campión de España sub18 de rápidas en 2024, tratará de acadar a sua 1ª norma de Mestre Internacional, e unha das millores promesas galegas na actualidade e en Carballo tratará de confírmalo.
Xulio del Prado Rodríguez Elo 2291, e un xoven Mestre Fide de 17 anos de Vigo, ainda que xoga no xadrez Ourense, foi Mestre Fide con so 13 anos, e despois dun tempo irregular na sua progresión, está a despegar de novo rumbo o título de Mestre Internacional, foi campión de España sub16 en Salobreña en 2023, en Carballo tratará de buscar a norma de MI.
Bases do Torneo
Organiza: Club Xadrez O Toque Xiria Carballo
Patrocina: Deputación da Coruña
Colabora: Concello de Carballo
Calendario: do 2 o 7 de setembro de 2024
1ª rolda día 2 as 16:30
2ª rolda día 3 as 10:00, 3ª rolda día 3 as 16:30
4ª rolda día 4 as 16:30
5ª rolda día 5 as 10:00, 6ª rolda día 5 as 16:30
7ª rolda día 6 as 16:30
8ª rolda día 7 as 10:00, 9ª rolda día 7 as 16:30
Local de xogo: Mercado Municipal de Abastos, planta alta.
Sistema de xogo: Torneo Fechado Sistema Liga (Round Robín) con 10 xogadores a 1 volta, valedeiro para normas de GM-MI.
Ritmo de xogo: 90 minutos mais 30 segundos de incremento por xogada.
Sistemas de desempate: A efectos da clasificación final, aplicaranse os seguintes sistemas de desempate por esta orde:
- 1º Sonnenborn-Berger.
- 2º Sistema Koya.
- 3º Maior número de victorias.
- 4º Maioria de negras.
Tempo de espera: o tempo máximo permitido de demora e de 60 minutos.
Premios: haberá trofeos para todos os participantes.
Comité de Competición. Estará integrado por:
- Catro participantes elixidos polos xogadores durante a primeira rolda, dos cales actuarán en calidad de suplentes.
- O director do Torneo ou persoa na que él delegue, que actuará de presidente do Comité.
Calquera reclamación a una decisión arbitral deberá dirixirse por escrito o Comité de Competición, como máximo media hora despois de finalizada a rolda. As decisións do comité serán firmes a todos os efectos.
Dispositivos electrónicos: Dacordo ca normativa vixente non están permitidos os dispositivos electrónicos na sala de xogo, salvo os que autorice o árbitro, habilitarase una mesa para deixalos se fora posible.
Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes, o dos seus tutores legais en caso de menores de idade, para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc..)