Comparte en tus Redes Sociales!

Bases do IX Torneo Concello de Malpica – VIII Memorial Ángel Rubio

Torneo valedeiro para o X Circuito Intercomarcal da Coruña 2026

Data: sábado 27 de xuño de 2026.

Local de xogo: Pabellón Municipal, Rúa Ventorrillo s/n, detrás del CEIP Milladoiro.

Sistema de xogo: suizo a 7-8 roldas dependendo do número de xogadores

Ritmo de xogo: 10´ minutos + 3” segundos de incremento por xogada

Horario de xogo: presentación 15:45, 1ª rolda 16:00, clausura sobre 20:30

Emparellamentos: realizaránse mediante programa informático, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido, hay que estar federado, a organización pode federar e resérvase o dereito de admisión.

Inscricions: a través do enlace de Cluber https://app.cluber.es/legacy/clubes/684a95adec12b783785119/pagos/6a1be41eaf74f838158256 , prezos: xeral 12€, sub-16 10€, locais 5€, tamén ingresando na conta de Caixabank ES15 2100 5097 2002 0012 6301 indicando nome e apelidos, club e inscrición torneo, ata o venres 26 de xuño, mais info en [email protected] ou no 617234393.

Desempates: 1º Encontro Directo (DE), 2ª Bucholz corte -1* (BH-C1), 3ª Bucholz Total* (BH), 4º Media de Elo dos rivais -1** (ARO-C1).
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Bakú 2023 da FIDE tanto para o cálculo dos rivais coma do propio xogador. ** Para os xogadores sen Elo considerarase un Elo de 1400.

Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios (en euros): total 800€. (Pagaranse por transferencia bancaria)
Xeral:                             Especiáis:                            Locais:
1º 130€ + trofeo              1º sub-2000:15€                    1º 20€ + trofeo
2º 110€ + trofeo              1º sub-1700:15€                   2º 15€ + trofeo
3º 90€  + trofeo               1º Veterano(+55):15€            3º 10€ + trofeo
4º 80€                             1ª femenina:15€                
5º 70€                             1º sub-18: 15€             
6º 60€                             1º sub-16: trofeo              
7º 50€                             1º sub-14: trofeo              
8º 40€                             1º sub-12: trofeo              
9º 30€                             1º sub-10: trofeo              
10º 20€                           1ª sub-8: trofeo                 
Sorteo dun cheque regalo de Gadis ou cesta de Frutas Fondo, e dun libro entre os non premiados. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios no son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral.

Regras de xogo: Aplicarase o especificado no apéndice A5 das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.  A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc.…) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial www.galichess.com.

 

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat