BASES II TORNEO DE XADREZ “SAN enROQUE”

Data de celebración: 16 de agosto de 2014.
 
Lugar: Casa da Cultura “Pintor Llorens” (na Avda. do Porto).
 
Modalidade: Suizo de 7 roldas con partidas de 10 minutos máis un incremento de 3 segundos por xogada.
 
Os sistemas de desempate a sortear tras a derradeira rolda serán Progresivo, Bucholz total e Bucholz medio; se se mantivera o empate primará o resultado  particular e, en caso de táboas, o xogador que levaba negras.
 
Inscricións 6€ para a categoría absoluta e 3€ para as categoría sub-14 (nados ata no ano 2000) e sub-10 (nados ata no ano 2004), que haberá que abonar antes da 1ª rolda. Poderán solicitarse no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 666 369 517 (ademáis de recibir calquera información referente), indicando en qué categoría participa o xogador, ata as 22:00 do 15 de agosto do 2014. A participación está limitada ás 50 primeiras solicitudes.
 
Os premios repartiranse por orde de clasificación e non son acumulables. No caso de optar a dous premios o xogador acadará o de maior cuantía:
1º clasificado: 40€ + 40% da recadación e trofeo.
2º clasificado: 30€ + 25% da recadación e trofeo.
3º clasificado: 20€ + 15% da recadación e trofeo.
1º clasificado sub-14: trofeo e libro de xadrez.
1º clasificado sub-10: trofeo e libro de xadrez.
1º clasificado de Sada: trofeo e libro de xadrez.
 
Programa: 16:00 comprobación de inscritos; 16:30 inicio da 1ª rolda; 20:30 hora estimada da entrega de premios e clausura.
 
Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais necesarios para a difusión do torneo (listas de inscritos, clasificacións, fotos do torneo, etc.) nos diferentes medios de comunicación que se fagan eco do evento, incluídas redes sociais
 
I ABERTO INTERNACIONAL DE XADREZ “HOTEL CEMAR” 
“Fernando Marcote in Memorian” 
Mondariz – Balneario (Ponteareas – Mondariz), do 16 ao 24 de Agosto de 2014
Local de xogo: Escuela Internacional de Xadrez Kasparov Marcote (Ctra. Xeral Ponteareas-Mondariz KM 7)
Horario de xogo: Todas as roldas as 17:00 horas, excepto a última que será as 10:00 horas. 
Inscricións: 
Xeral: 45 €. 
Xogadores Sub-16 e Veteráns (nados en 1954 e anteriores): 25 €. 
Exentos da inscrición: G.M. e M.I., e xogadores con Elo FIDE maior ou igual a 2350 puntos. 
Contacto: 627 249 951 
Premios: 
1º clasificado: 1.000 € + Trofeo 5º clasificado: 475 € 
2º clasificado: 800 € + Trofeo 6º clasificado: 350 € 
3º clasificado: 700 € + Trofeo 
4º clasificado: 575 €    (Ata o 10º clasificado e premios especiais)
 
* Clausura y entrega de premios do circuito conxuntamente coa clausura do último torneo