Comparte en tus Redes Sociales!

Bases do I Aberto Concello de Ordes –
Valedoiro para o VIII Circuíto Intercomarcal Deputación da Coruña 2024

Data: domingo 8 de setembro de 2024.

Local de xogo: Pavillón Deportivo Castelao 1, Rúa Nicolás del Rio s/n

Sistema de xogo: suízo a 8 rondas.

Ritmo de xogo: 10´ minutos + 3” segundos de incremento.

Horario de xogo: presentación 15:45, 1ª rolda 16:00, clausura 21:00.

Emparellamentos: realizaranse mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introdución de resultados antes da seguinte rolda.

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido, hai que estar federado, a organización pode federar e resérvase o dereito de admisión.

Inscricións: no email [email protected] ou no 617234393 ata sábado 7 de setembro, prezos: xeral 10€, sub-16 7€, locais 5€, con pago anticipado vía Bizum ou ingresando na conta de Caixabank ES15 2100 5097 2002 0012 6301, indicando nome e apelidos.

Desempates: 1º Encontro Directo (DE), 2ª Bucholz corte -1* (BH-C1), 3ª Bucholz Total* (BH), 4º Media de Elo dos rivais -1** (ARO-C1).
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Bakú 2023 da FIDE tanto para o cálculo dos rivais coma do propio xogador. ** Para os xogadores sen Elo considerarase un Elo de 1400.

Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sen causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios (en euros): total 800€. (Pagaranse por transferencia bancaria)
Xeral:                             Especiais:                       Locais:
1º 130€ + trofeo              1º sub-2000:15€               1º 20€ + trofeo
2º 110€ + trofeo              1º sub-1700:15€                2º 15€ + trofeo
3º 90€  + trofeo             1º Veterano(+55):15€       3º 10€ + trofeo
4º 80€                             1ª femenina:15€
5º 70€                             1º sub-18: 15€
6º 60€                             1º sub-16: trofeo
7º 50€                             1º sub-14: trofeo
8º 40€                             1º sub-12: trofeo
9º 30€                             1º sub-10: trofeo
10º 20€                           1ª sub-8: trofeo
Sorteo dunha cesta de Froitas Fondo ou cheque regalo de Gadis por valor de 25€ entre os non premiados. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios no son acumulables e repartiranse por rigorosa orde de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior contía e se son iguais seguirase a orde xeral do circuíto.

Regras de xogo: Aplicarase o especificado no apéndice A4 das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos persoais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacións, partidas, fotos, etc.) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sen mais aviso que a súa publicación na páxina web oficial www.galichess.com.

Organiza: Club xadrez Arteixo.

Colaboran: Concello de Ordes e Escola de xadrez de Ordes.