Comparte en tus Redes Sociales!

Bases do II Torneo Internacional Concello de Oroso –  Valedeiro para o XXXVII Circuíto Galego e o X Circuíto Intercomarcal da Coruña

Data: domingo 6 de setembro de 2026.

Local de xogo: Pavillón «Juanito Amigo Ferreiro», Rúa Pablo Iglesias 2 (Sigüeiro)

Sistema de xogo: suízo a 7-8 roldas.

Ritmo de xogo: 10´ minutos + 3” segundos de incremento.

Horario de xogo: presentación 15:45, 1ª rolda 16:00, clausura 21:00.

Emparellamentos: realizaranse mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introdución de resultados antes da seguinte rolda.

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido, hai que estar federado, a organización pode federar e resérvase o dereito de admisión.

Inscricions:  ata o sábado 5 de setembro a través do enlace de Cluber https://app.cluber.es/legacy/clubes/684a95adec12b783785119/pagos/6a7c4e30a50f6485245093, prezos: xeral 12€, sub-16 10€, locais 5€, tamén ingresando na conta de Caixabank ES15 2100 5097 2002 0012 6301 indicando nome e apelidos, club e inscrición torneo, mais info en [email protected] ou no 617234393.

Desempates: 1º Encontro Directo (DE), 2ª Bucholz corte -1* (BH-C1), 3ª Bucholz Total* (BH), 4º Media de Elo dos rivais -1** (ARO-C1).
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Bakú 2023 da FIDE tanto para o cálculo dos rivais coma do propio xogador. ** Para os xogadores sen Elo considerarase un Elo de 1400.

Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sen causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios (en euros): total 1.000€ (pagaranse por transferencia bancaria)
Xeral:                                   Especiais:                          Locais:
1º 150€ + trofeo                  1º sub-2000: 25€                1º 25€ + trofeo
2º 130€ + trofeo                  1º sub-1700: 25€                2º 15€ + trofeo
3º 110€ + trofeo                  1º Veterano(+55): 25€        3º 10€ + trofeo
4º 100€                               1º Femenina: 25€
5º 85€                                  1º sub-18: 25€
6º 70€                                  1º sub-16: trofeo
7º 60€                                  1º sub-14: trofeo
8º 50€                                  1º sub-12: trofeo
9º 40€                                  1º sub-10: trofeo
10º 30€                                1º sub-8: trofeo

Sorteo dunha cesta de Froitas Fondo ou cheque regalo de Gadis e dun libro entre os non premiados economicamente. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios no son acumulables e repartiranse por rigorosa orde de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior contía e se son iguais seguirase a orde xeral do circuíto.

Regras de xogo: Aplicarase o especificado no apéndice A5 das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos persoais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacións, partidas, fotos, etc.) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sen mais aviso que a súa publicación na páxina web oficial www.galichess.com.

Organiza: Club xadrez Arteixo.

Colaboran: Concello de Oroso e club xadrez Oroso.

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat