Comparte en tus Redes Sociales!

Este pasado sábado día 29 disputouse o IV Torneo Concello de Camariñas, o local de zogo foi a Casa de Pedra, xogaronse 7 roldas con partidas de 10´+5″ , repartironse 900€ en premios mais trofeos, 0 torneo era válido para Elo FIDE de rápidas, ademáis era a 3ª proba do  VIII Circuíto Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024

Participaron un total de 56 xogadores das provincias de Ourense, Pontevedra y A Coruña representando a numerosos clubes desas provincias,  o nivel medio foi alto destacando o número 1 do ránking o Mestre Internacional Mariano Ortega que xoga por Cabo Verde ainda que e de orixen cubano.

No plano deportivo resultó claro campión o favorito MI Mariano Ortega con 7 puntos,  gañou as 7 partidas disputadas, 2º Walter López do Ferrolano, 3º David Cernadas do Marquiño ambos con 5,5 puntos, 4º Pablo Cordido do Algalia, 5º Marcos A. Morales do Ferrolano, 6º Eduardo Cabañas da USC, 7º Iago Fernández do Marquiño, 8º Manuel Vázquez de Carballo, 9º Miguel Millán do Ferrolano, 10º Manuel A. Cabañas da USC todos con 5 puntos.

Nos premios especiáis o 1º sub2000 Daniel Figueiras de Clubexa, 1º sub1700 Noel Leis da EX Compostela, 1º veterán Fernando Casares de Clubexa, 1ª feminina Teresa Camean do Marquiño, 1º sub18 Brian Gomez do Benchoshey, 1º sub16 Sergio Calvo da EX Compostela, 1º sub14 Daniel Méndez de Arteixo , 1º sub12 Mario García de Carballo, 1º sub10 Sabrina Maya de Carballo, 1º sub8 Roi Bello de Carballo, os millores locais foron 1º Alberto Luaces, 2º Darío Atan, 3º Alejandro Pasantes,  o gañador do cheque regalo de Gadis foi Pablo Rodriguez da Coruña.

A clausura e entrega de premios estivo presidida polo concelleiro de deportes Fabián Canosa que agradeceu a participación da xente de fora e dos 10 xogadores locais. Pódese  consultar a clasificación final en info64 e o álbum de fotos en Facebook, os seguintes torneos do circuíto serán o 6 de xullo en Malpica e o 7 de xullo en Cerceda.