Comparte en tus Redes Sociales!

O pasado sábado día 5 disputouse en Baio o VII torneo Concello de Zas, que era ademáis a derradeira proba do VIII Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña 2024, o torneo xogouse a 8 roldas con partidas de 10´+5″, repartiu 800€ en premios mais trofeos e valedeiro para Elo FIDE de rápidas.

Participaron un total de 69 xogadores de toda Galicia e Ponferrada, destacando 1 MI e 1 MF, e varios fortes xogadores habituáis do circuito, no plano deportivo o torneo foi un man a man entre o MI Ortega e Marcos Morales que remataron o torneo con 7 puntos, o desempate deu a vitoria a Marcos A. Morales, xogador cubano do Ferrolano, quedando 2º o MI Mariano Ortega, xogador de Cabo Verde tamén do Ferrolano. 3º foi Iago Fernández do Marquiño, 4º Eduardo Cabañas da USC, 5º Eloy Sixto do Benchoshey, 6º Pablo Cordido do Algalia, 7º David Cernadas do Marquiño todos con 6 puntos, 8º Breixo Longueira de Padrón, 9º Manuel A. Cabañas da USC, 10º Noel Casares de E. Ames todos con 5,5 puntos.

Nos premios especiáis 1º sub2000 Daniel Méndez de Arteixo, 1º sub1700 Fernando Carregal de E. Ames, 1ª feminina Emma Cernadas do Marquiño, 1º veterán Jose Fernández  de EX Culleredo, 1º s18 Nicolás Fernández da EX Compostela, 1º s16 Marcos Iglesias da E. Luguesa, 1º sub14 Andrés Blanco de Arteixo, 1º sub12 Brian Gómez del Benchoshey, 1º sub10 Xoel Roo del Marquiño, 1º sub8 Roi Bello de Carballo. Los mejores del club fueron 1º sub18 Emmanuel Villar, 3º Oscar Fondo, 2º Luis B. Álvarez, 1º Pablo Mira. Sorteouse  una cesta de Frutas Fondo que foi para Zaira Campelo de Oroso, cheque de 25€ cortesía de Gadis para Diego Fernández do clubexa e caixas de chocolatinas cortesía de Sector Vending de Carballo para Jesús Campelo, Pablo S. Rodríguez, Matias González-Chas.

A clausura estivo presidida polo alcalde de Zas D. Manuel Muiño , o recoñecido físico D. Jorge Mira e o presidente do club Irindo D. Oscar Fondo que foron os encargados de dar os premios tanto do torneo coma da clausura do circuito. Pódese consultar a clasificación final en info64 e o álbum de fotos en Facebook.

Clausura do VIII Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña 2024

Ca disputa do torneo de Zas remataba a VIII edición do Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2024, disputaronse 11 torneos (Carballo, A Baña, Camariñas, Malpica, Cerceda, Arteixo, Rianxo, Ordes, Dumbría, Vimianzo e Zas) dende maio a outubro, para optar os premios finais do circuito era necesario participar en alomenos 6 torneos, a participación en xogadores únicos foi de 372 xogadores, batendo récord de participación nestas VIII edicións,  repartironse un total de 27 premios finais, con 1500€ en metálico, trofeos, medallas e camisetas para todos os que acadaron 6 torneos xogados, o peche final foron os xa tradicionais pinchos de clausura.

O campión xeral do VIII Circuito foi o GM Aleksa Strikovic, vive en Cambre pero xoga por Chantada, con 125 puntos, a so 1 punto foi 2º o MI Diego Espiñeira de Padrón, 3º Marcos A. Morales cubano que xoga no Ferrolano, 4º MI Mariano Ortega xogador do Ferrolano de orixen cubano, pero que xoga por Cabo Verde, 5º Iago Fernández Ramos do Marquiño da Pobra do Caramiñal, 6º Manuel A. Cabañas da USC, 7º David Cernadas do Marquiño, 8º Eduardo Cabañas da USC, 9º Pablo Cordido do Algalia de Santiago, 10º Eloy Sixto do Benchoshey Ourensano.

Nos premios especiáis 1º sub2000 Fernando J. Casares do clubexa coruñés, 2º Manuel Ramón Arias do clubexa, 1º sub1700 Andrés Blanco de Arteixo, 2º sub1700 Mateo Labandeira da EX Compostela, 1ª feminina Emma Cernadas e 2ª Mª Teresa Camean ambas do Marquiño, 1º veterán Jose Fernández, 2º Carlos A. Osorio ambos da EX Culleredo,  1º sub18 Mario Mañana de Arteixo, 2º Noel Casares de E. Ames, 1º sub16 Sergio Calvo de EX Compostela, 2º Marcos Iglesias da E. Luguesa, 1º sub14 Brian Gómez do Benchoshey,  1º sub12 Marco Marcote de Sada, 1º sub10 Fernando Carregal de E. Ames, 1º sub8 Roi Bello de Carballo, o millor xogador local das equipas organizadoras foi Daniel Méndez de Arteixo, e o campión por equipos foi o Círculo Ferrolano.