Comparte en tus Redes Sociales!

Victoria de Eloy Sixto no VI Torneo de nadal de Carballo

Este pasado sábado día 14 disputouse no Espazo Xove o VI torneo de nadal Xiria Carballo cun total de 64 participantes, en su maioria da provincia da Coruña, ainda que houbo xogadores de Oviedo e Ourense, xogaronse 7 roldas con partidas de 10´+3″ e o torneo era valedeiro para ELO FIDE de rápidas.

Houbo participantes dende os 5 anos ata os 80 que loitaron no tableiro nunha boa tarde de xadrez, no plano deportivo o torneo decidiuse na derradeira rolda ca vitoria de Eloy Sixto ante Eduardo Cabañas que era o líder, a clasificación final foi a seguinte, 1º Eloy Sixto do Benchoshey 6,5 puntos, 2º Eduardo Cabañas da USC 6 puntos, 3º Javier Mazaira do TDFC 5,5 puntos,  1º sub18 Daniel Méndez de Arteixo, 1º sub14 Xoel Roo do Marquiño, 1º sub10 Noe Díz de Padrón, 1ª feminina Uxía Marrozos de Carballo, 1º veterano Manuel Pinaya de Rianxo.

Os millores locais foron 1º local Sergio Vilacoba, 2º local Jorge Varela, 3º local Mario García, 1º local sub18 Neymar Arámbula, 1º sub14 local Oliver Méndez, 1º sub10 local Roi Bello, o gañador da cesta de Frutas Fondo foi Javier Casares de Ames, consultar o álbum de fotos en Facebook e a clasificación xeral en info64.