Comparte en tus Redes Sociales!

Bases do IX Aberto Concello de Carballo Clásico

Torneo valedeiro para o XXXVII Circuito Galego de xadrez e o
X Circuito Intercomarcal de xadrez da Coruña

Datas:  do venres 21 de agosto o xoves 27 de agosto de 2026

Local de xogo: Mercado Municipal de Abastos, planta alta.

Sistema de xogo: suizo a 9 roldas.

Ritmo de xogo:  90´ minutos + 30” segundos de incremento.

Horario de xogo:  Presentación e acreditación venres 21 as 16:30
1ª rolda: venres 21 as 17:00
2ª rolda: sábado 22 as 10:00
3ª rolda: sábado 22 as 17:00
4ª rolda: domingo 23 as 10:00
5ª rolda: domingo 23 as 17:00
6ª rolda: luns 24 as 17:00
7ª rolda: martes 25 as 17:00
8ª rolda: mércores 26 as 17:00
9ª rolda: xoves 27 as 16:00

Inscricions: ata o xoves 20 de agosto, GM-MI-MF-WGM-WMI-WMF gratuita, xeral 35€, sub-16 25€, club xiria: 10€, pódense realizar e pagar no enlace ,https://app.cluber.es/legacy/clubes/684a8b33c1771345570197/pagos/6a5f2d3407f4c488874390  ,tamén no email [email protected] ou no 617234393 facendo ingreso no número de conta de Caixabank ES67-2100-2322-4302-0021-4876 indicando nome e apelidos e concepto: inscrición IX Carballo clásico, as inscricións pagadas o día do torneo levaran recargo de 5€.

Emparellamentos: realizaranse mediante o programa informático Vega, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.

Días de descanso (Bye): Pódense solicitar ata un máximo de 3 Byes ata a 6ª rolda. Os Byes correspondentes a primeira rolda deberán formalizarse vía email (con acuse de recibo) antes de que remate o prazo de inscrición. Os Byes das seguintes roldas (2ª a 6ª) deberán formalizarse por escrito antes de que remate a rolda anterior en xogo, a rolda solicitada non se emparellará o xogador e daráselle medio punto.

Participantes: todos os xogadores deben estar federados, o torneo será válido para Elo FIDE de xadrez clásico.

Desempates: 1.º Encontro Directo (DE), 2º Bucholz -1* (BH-C1), 3º Bucholz total (BH), 4º Elo medio dos rivais -1** (ARO-C1).*  Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade FIDE Bakú 2023, tanto para o cálculo dos rivais como do propioo xogador. ** Para xogadores sin Elo,  considerarase un Elo de 1400.

Tempo de espera: O tempo de demora será de 30 minutos (salvo casos excepcionais onde o árbitro pode decidir aumentar ese tempo). Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios (en euros): total 5.000€, pagaránse por transferencia bancaria.

Xeral:
1º 1000 € + trofeo
2º 750 € + trofeo
3º 600 € + trofeo
4º 500 €
5º 375 €
6º 275 €
7º 225 €
8º 150 €
9º 125 €
10º 100 €

Especiais:

1º sub 2300 75 €    2º sub2300 50€
1º sub 2000 75 €    2º sub2000  50€
1º sub 1700 75 €    2º sub1700 50€
1º veterán(+55) 75 €  2º veterán 50 €
1ª feminina 75 €      2ª feminina 50 €
1º sub 18  75 €        2º sub18 50 €

Locais: (club xadrez O Toque Xiria)
1º 75 € + trofeo
2º 50 € + trofeo
3º 25 € + trofeo

Trofeos para o millor:
1º sub 16
1º sub 14
1º sub 12
1º sub 10
1º sub 8
1º sub18 local
1º sub12 local
Sorteo dunha de cesta de Frutas Fondo ou cheque regalo de Gadis, o remate do torneo entre todos os no premiados. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios no son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral.

O torneo será válido para o XXXVII Circuito Galego Internacional de xadrez e para o X Circuito Intercomarcal da Coruña 2026.

Regras de xogo: Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

Aceptación: Os xogadores inscritos autorizan a organización do torneo, a difusión de información ou o uso de imaxes ou o nome do equipo e dos seus xogadores nos medios de comunicación ou nos anuncios e reportaxes da competición, sempre que non supoña un prexuízo para a súa honra ou reputación, nin que sexa contrario aos seus intereses e sempre dentro do marco legal establecido no Código Civil, na Lei de axuizamento civil e na Lei orgánica 15/99, do 13 de decembro, de protección de Datos Persoais.

Cesión de dereitos de imaxe: A inscripción a este torneo implica a aceptación das bases do mesmo, así como autoriza de forma expresa e voluntaria o club xadrez Arteixo a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña -incluso aquelos facilitados polo mesmo coa finalidade de publicar na páxina web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.

Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os videos, imaxes e/ou audios nos que aparezca, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que poideran desenvolverse no futuro, e para calquer aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación de aquelas utilizacións ou aplicacións que puidieran atentar ao dereito ao honor nos términos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil ao dereito ao honor, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado. Esta autorización pode ser revocada en calquera momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revocación, polo que a retirada do consentemento, non terá carácter retroactivo.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial www.galichess.com.

Organiza: Club xadrez O Toque Xiria Carballo

Colaboran: Concello de Carballo, Carballo Deporte, Turismo Carballo, Deporte Xunta, Fegaxa, Turismo Deputación da Coruña, A paisaxe que sabe, Fundación Luis Calvo, Garaysa, sector vending, Asesoría AFICO, Pensión Rama, a´Xamonería, Hostal Río Sil, Loterías Pazos, Frutas Fondo, Grupo M-Gestión, Teixeira-Pazos abogados, Galichess.

Aloxamentos e restaurantes recomendados:

Pensión Rama: 981702057, [email protected], habitaciones con wifi y baño, cerca de la sala de juego, Avda. Finisterre, nº 17 Carballo.

Hotel Alda Carballo: 881 24 40 97 Av. Malpica, 125, 15100 Carballo

Hostal-Restaurante Rio Sil:  981700478 | [email protected],  Rúa Río Sil, 43 Carballo.

A`Xamonería: 680390415 Rúa Coruña, 17 Carballo, Tablas, racions, tostas, piadinas..

Puedes consultar otros alojamientos y restaurantes en la web de Turismo Carballo.

 

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat