Este pasado sábado día 30 disputouse o VI torneo Concello de Cabana de Bergantiños, VII proba do VII Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña 2023, participaron un total de 56 xogadores chegados de Asturias, Ponferrada, Ourense, Noia, Pobra do Caramiñal, Santiago, Padrón, Ames, A Baña, A Coruña, Arteixo, Carballo, Val do Dubra, Malpica, Vimianzo, Zas e Cabana destacando 2 MI e 2 MF, o torneo repartiu 800€ en premios mais trofeos, valedeiro para ELO FIDE de rápidas.

Os claro favorito era o MI asturiano Carlos Suárez, que soe xogar este torneo xa que seu pai e de Cabana e ten familia alí, pero una derrota ante Espiñeira privoulle do triunfo, na última rolda o MI de Padrón Diego Espiñeira chegaba líder con 5,5 puntos, tras empatar ante o MF Xulio del Prado (actual campión de España sub16) conseguía asegurar o triunfo con 6 puntos por millor desempate que o MF Jose Sande do Gijón64, 3º posto para o MI asturiano Carlos Suárez e 4º para o MF Xulio del Prado do xadrez Ourense ambos con 5,5 puntos, 5º Pablo Cordido do Algalia, 6º Iago Fernández do Marquiño, 7º Miguel A. Vázquez do Millarengo, 8º Eloy Sixto do Benchoshey, 9º Breixo Longueira da EX Compostela, 10º David Cernadas do Marquiño todos con 5 puntos.

Nos premios espaciáis 1º sub2000 Noel Casares da E. Ames, 1º sub1600 Clara Méndez Rial de Padrón, 1º sub18 Nicolás Amado do Val do Dubra, 1º veterán Juan Carlos Rodríguez do Macondo, 1ª femenina Zoe Rodríguez do TDFC, 1º sub16 Lois Quintás da USC, 1º sub14 Noel Leis da E. Ames, 1º sub12 Sergio Calvo da E. Ames , 1º sub10 Mario García de Carballo, 1º sub8 Mar Rodríguez do TDFC, los mejores locales fueron 1º Alfonso Márquez, 2º Yago Eiroa, 3º Gael A. Casas, 1º local sub18 Manuel Costa, el afortunado de una cesta cortesía de frutas Fondo fue Antonio López da Coruña.

Na clausura estivo presente a concelleira de educación e xuventude Dª Sandra Méndez que mostrouse encantada co evento e que van seguir apoiando o xadrez nos vindeiros anos, na clasificación xeral do Circuito e líder o MI Diego Espiñeira de Padrón con 99 puntos en 5 torneos, a seguinte proba do circuito será o sábado día 7 de outubro en Malpica, a clasificación final en info64 e o álbum de fotos en Facebook.