COPA GALICIA DE CLUBS 2011
1.- ORGANIZACIÓN: Federación Galega de Xadrez.
2.- COLABORAN: Club Xadrez Escola Padrón.
3.- DATAS: 19 de novembro de 2011.
4.- HORARIOS:
11:00 h. – Presentación equipos.
11:30 h. – Rolda 1. 12:30 – Rolda 2.
13:30 h. – Rolda 3. 16:00 – Rolda 4.
17:00 h. – Rolda 5. 18:00 – Rolda 6.
19:15 h. – Entrega de premios.
Os horarios definitivos das roldas confirmaranse na presentación dos equipos.
5.- LOCAL DE XOGO: Salóns do Hotel Scala de Padrón.
6.- SISTEMA E CALENDARIO DE XOGO:
Sistema Suizo, a seis (6) roldas.
Equipos formados por catro (4) taboleiros. A puntuación será por encontro (2,1,0), sendo o primeiro
sistema de desempate a puntuación total por taboleiros.
Os demáis sistemas de desempate serán publicados na sala de xogo ó comezo do torneo xunto coas
bases técnicas.
O ritmo de xogo será de 15 minutos con incremento de 5 segundos/xogada, ou ritmo similar en
duración.
O sistema de xogo, número de roldas e ritmo de xogo podería variar en función do número de
equipos participantes.
7.- PARTICIPACIÓN:
Poderán participar nesta competición todos os equipos de clubs galegos, que teñan tramitada a ficha
federativa correspondente á temporada da competición do calendario (temporada 2011).
Cada club poderá presentar tantos equipos como desexe, sempre que cada un dos seus xogadores e
xogadoras, ademáis de ter tramitada a ficha federativa individual con ese equipo, non forme parte, en
ningunha fase da competición “Copa Galicia” doutro equipo.
Queda excluída por tanto a posibilidade de formar equipos con membros de dous ou mais clubs,
así como a participación dun único xogador ou xogadora en mais dun equipo.
Un xogador ou xogadora formará parte dun equipo dende o momento no que o seu club presente o
orde de forza dese equipo para a competición
Por tanto queda expresamente prohibido o traspaso de xogadores e xogadoras entre equipos dun
mesmo club, incluso despois de que o equipo sexa eliminado da competición, independentemente de
que estes figuraran como titulares ou suplentes, ou participaran ou non activamente nas partidas
deste equipo.
8.- EQUIPOS:
Cada equipo estará formado por un mínimo de 6 xogadores, dos que 4 xogarán cada enfrontamento,
quedando os restantes como suplentes para ese enfrontamento.
Esta aliñación pode variar en cada enfrontamento, podendo aliñear calquera combinación de 4
xogadores dentro da lista presentada.
Os catro xogadores ou xogadoras respetarán en todo momento a orde de forza entregado na
inscrición, sendo este válido durante toda a competición, incluso entre fases. Esta orde de forza
consiste nunha lista numerada e ordenada de xogadores e xogadoras e indica en que taboleiro se
sentará cada un ou cada unha fronte aos seus rivais.
A orde de forza non debe alterarse en ningún momento, dado que ante calquera incidencia están
previstos un mínimo de dous suplentes. Non se admitirá ningún retraso nin aprazamento por non
estar presentes na sala de xogo no momento de presentarse a incidencia que motive a súa
intervención.
9.- INSCRICIÓNS: Ata as 19:00 horas do día 17 de novembro de 2011.
10.- COMIDAS: Oferta de desconto no hotel sobre o prezo do menú do día (previa retirada de bonos).
11.- PREMIOS:
Posto Premios
1º 200 ∈ Trofeo
2º 150 ∈ Trofeo
3º 100 ∈ Trofeo
4º 100 ∈
5º 80 ∈
6º 80 ∈
7º 50 ∈
8º 50 ∈
Vigo, a 7 de novembro de 2011 Federación Galega de Xadrez