Comparte en tus Redes Sociales!

Val do DubraBases do I Torneo de xadrez «Festa do Emigrante» Concello Val do Dubra

Data: sábado 6 de agosto de 2016.

Local de xogo: Rúa Arcai (vai estar cortada no centro e xogarase baixo carpa) en Bembibre, cerca da Casa do Concello do Val do Dubra.

Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.

Ritmo de xogo: 10´+5”

Horario de xogo: 11:30 14:00 y 16:00 a 19:30

Inscricions: xeral 8€, sub-16 5€, xogadores dos clubes organizadores e locais: xeral 6€ e sub-16 3€. Pódense realizar no mail [email protected] ou no 617234393 hasta o venres 5 de agosto.

Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.

Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios (en euros): total 800€. Pagaranse por transferencia bancaria nun prazo aproximado de 10 días.

Xeral:                                    Especiáis:                       Locais:
1º 140€ + trofeo                   1º sub-2000:15€               1º 20€ + trofeo
2º 120€                                 1º sub-1600:15€                2º 10€
3º 100€                                 1º Veterano:15€
4º 80€                                   1º sub-18: 15€
5º 70€                                   1º sub-16: trofeo
6º 60€                                   1º sub-14: trofeo
7º 50€                                   1º sub-12: trofeo
8º 40€                                   1º sub-10: trofeo
9º 30€                                   1º sub-8: trofeo
10º 20€
Sorteo dun cheque regalo de Gadis por valor de 20€ entre os non premiados.

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios non son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral do circuito. Se algún premio queda deserto queda para a organización de cara os premios do circuito.

Regras de xogo: O torneo e aberto a todo tipo de xogadores e non será válido pra Elo. Permitirase 1 xogada ilegal e a 2ª perderase a partida, so se incrementara 1 minuto de tempo por a xogada ilegal si o xogador quedalle menos dun minuto. Pra o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

Válido para o I Circuito Intercomarcal de xadrez activo Deputación da Coruña.

A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos pra difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc…)

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial www.pokeryajedrez.com.