Bases do IV Torneo de xadrez «SAN enROQUE » en Sada
- Data de celebración: 15 de agosto de 2016.
- Lugar: Pavillón Municipal de Sada.
- Modalidade: Suizo de 7/8 roldas (dependendo do número de participantes) con partidas de 10 minutos máis un incremento de 3 segundos por xogada. Os desempates serán resultado particular, bucholz-1, bucholz total e progresivo.
- Permitirase unha xogada ilegal. No caso de cometer unha segunda perderase a partida. Só se incremetará 1 minuto se ó rival do xogador que comete a ilegal lle queda menos de 1 minuto.
- Para calquera norma non especificada nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
- Inscricións 5€ para a categoría absoluta e 3€ para as categoría sub-14 (nados ata no ano 2002) e sub-10 (nados ata no ano 2006), que haberá que abonar antes da 1ª rolda. Poderán solicitarse no correo-e [email protected] ou no teléfono 666 369 517 (como + información), indicando tanto en qué categoría participa (ou ano de nacemento) o xogador, coma se é local (a organización resérvase o dereito de pedir que calquera de estas características se acredite), ata as 22:00 do venres 12 de agosto do 2016. A participación está limitada ás 100 primeiras solicitudes.
- O torneo é válido para o I Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña.
- Premios:
1º clasificado: 130 € e trofeo.
2º clasificado: 115 € e trofeo.
3º clasificado: 100 € e trofeo.
4º clasificado: 80 €
5º clasificado: 70 €
6º clasificado: 60 €
7º clasificado: 50 €
8º clasificado: 40 €
9º clasificado: 30 €
10º clasificado: 20 €
1º clasificado sub-14: trofeo.
1º clasificado sub-10: trofeo.
1º clasificado de Sada: trofeo.
- Programa: 15:45 comprobación de inscritos; 16:15 inicio da 1ª rolda; 21:00 hora estimada da entrega de premios e clausura.
- Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais necesarios para a difusión do torneo (listas de inscritos, clasificacións, fotos do torneo, etc.) nos diferentes medios de comunicación que se fagan eco do evento, incluídas redes sociais.