Bases do VII Letras Galegas Espazo Xove Carballo 2024 – Torneo valedeiro para o VIII Circuito Deputación 2024

Data: venres 17 de maio de 2024.

Local de xogo: Espazo Xove de Carballo, Rúa Valle Inclán 24.

Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.

Ritmo de xogo: 10´ minutos + 5” incremento por jugada.

Horario de xogo: 11:15 presentación, 11:30 1ª rolda, clausura sobre as 20:00 horas.

Emparellamentos: realizaránse mediante programa informático, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido, hay que estar federado, a organización pode federar e resérvase o dereito de admisión.

Inscricions: no email [email protected] ou no 617234393 ata o xoves 16 de maio ou completar aforo de 100 xogadores, precios: xeral 10€, sub-16 7€, locais 5€, con pago anticipado ingresando na conta do Xiria Carballo en CaixaBank ES67 2100 2322 4302 0021 4876 ou por Bizum o 617234393 indicando nome e apelidos e inscrición torneo, os pagos efectuados no local o propio día do torneo levarán un recargo de 2€.

Desempates: 1º Encontro Directo (DE), 2ª Bucholz corte -1* (BH-C1), 3ª Bucholz Total* (BH), 4º Media de Elo dos rivais -1** (ARO-C1)
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Bakú 2023 da FIDE tanto pra o cálculo dos rivais coma do propio xogador. ** Pra os xogadores sen Elo considerarase un Elo de 1400.

Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios (en euros): total 800€. (Pagaranse por transferencia bancaria)
Xeral:                                  Especiáis:                             Locais:
1º 130€ + trofeo              1º sub-2000:15€                     1º 20€ + trofeo
2º 110€ + trofeo              1º sub-1700:15€                    2º 15€ + trofeo
3º 90€  + trofeo               1º Veterano(+55):15€             3º 10€ + trofeo
4º 80€                             1ª femenina:15€
5º 70€                             1º sub-18: 15€
6º 60€                             1º sub-16: trofeo
7º 50€                             1º sub-14: trofeo
8º 40€                             1º sub-12: trofeo
9º 30€                             1º sub-10: trofeo
10º 20€                           1ª sub-8: trofeo
Sorteo cesta de frutas Fondo e cheque de Gadis entre os non premiados. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios no son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral do circuito.

Regras de xogo: Aplicarase o especificado no apéndice A4 das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos pra difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc..) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial www.galichess.com