Finalizou o II Maxistral Xiria Carballo disputado do 2 o 7 de setembro en Carballo, foi un torneo fechado de 10 xogadores por sistema de liga e valedeiro para normas de Grande Mestre e Mestre Internacional.
O torneo estivo organizado polo club xadrez O Toque Xiria Carballo e patrocinado pola Excma. Deputación da Coruña dentro do programa anual de subvencións, tamén colaboraron no evento o Concello de Carballo, Carballo Deporte, Turismo Carballo, Pensión Rama, Cervecería A Bombonera e A´Xamonería Carballo.
A norma de Grande Mestre acadábase con 7 puntos e a de Mestre Internacional con 5,5 puntos, hay que dicir que os 3 xogadores galegos tiveron opcións de norma de MI ata a rolda 8, nesa rolda Albero Portela gañaba a Diego Cacheiro, que xogou un gran torneo e tivo boas opcións de norma, e Xulio del Prado gañaba a Felix Ilinca, ambos xogadores chegaban a derradeira rolda ca necesidade de gañar para obter a os 5,5 puntos que daban a norma de MI, era una misión dificíl xa que ambos xogaban con negras.
Xulio del Prado perdeu ante o MI Ortega, pero Alberto Portela consegui gañar o GM Strikovic nuna longa partida e acadar asi a ansiada norma de Mestre Internacional, (e a súa segunda norma e faltarialle unha mais para acadar o título) principal obxetivo deste tipo de torneos, os aspirantes a norma de GM non tiveron opcións reais, os mais destacados foi o MI Daniel Pulvett, que comenzou mal con 2 derrotas, e o xoven de 14 anos MI Félix Ilinca que viña de quedar 3º sub14 de Europa, que foi o xogador mais combativo, a vcitoria no torneo foi para o GM Vladimri Petkov de Bulgasria, pero residente en Chantada con 5,5 puntos, quedando 2º cos mesmos puntos Alberto Portela de Pontevedra.
As partidas puideron ser seguidas en directo por internet en todo o mundo a través dos principais portais de xadrez online como chess.com, lichess.org e chessbase.com, a clausura estivo presidida polo vicepresidente da Deputación D. Xosé Regueira, ademais de concelleiro de Turismo de Carballo, e o deputado de deportes de Deputación D. Antonio Leira, álbum de fotos en Facebook e a clasificación final en info64.
Clasificación final:
Pos. | Ran. | Tít. | Nombre | Fed. | Pts. | SB | KS | WIN | BPG | FIDE | Origen/Club |
1 | 9 | GM | Petkov, Vladimir | BUL | 5,5 | 24.75 | 3.50 | 2 | 5 | 2414 | Chantadino |
2 | 2 | FM | Portela Peleteiro, Alberto | ESP | 5,5 | 23.25 | 2.50 | 4 | 4 | 2342 | EX Pontevedra |
3 | 10 | IM | Pulvett Marin, Daniel Eduardo | ESP | 5,0 | 21.25 | 2.00 | 3 | 5 | 2472 | Collado Villalba |
4 | 1 | GM | Marin, Mihail | ROU | 4,5 | 20.50 | 2.50 | 1 | 4 | 2455 | Chantadino |
5 | 4 | FM | Del Prado Rodriguez, Xulio | ESP | 4,5 | 19.75 | 2.50 | 2 | 4 | 2316 | X. Ourense |
6 | 5 | FM | Ilinca, Felix-Antonio | ROU | 4,5 | 19.75 | 2.00 | 4 | 4 | 2417 | Xeraco |
7 | 6 | IM | Ortega Amarelle, Mariano | CPV | 4,0 | 18.50 | 3.00 | 1 | 5 | 2453 | Ferrolano |
8 | 3 | IM | Prado Lobo, Jonas | ESP | 4,0 | 17.50 | 1.50 | 2 | 4 | 2385 | Antonio Rico |
9 | 7 | FM | Cacheiro Blanco, Diego | ESP | 4,0 | 17.25 | 2.50 | 2 | 5 | 2327 | USC |
10 | 8 | GM | Strikovic, Aleksa | SRB | 3,5 | 16.00 | 2.50 | 0 | 5 | 2376 | Chantadino |

