Comparte en tus Redes Sociales!

Finalizou o III Maxistral Xiria Carballo, un torneo fechado valedeiro para norma de Mestre Internacional (MI) con 10 xogadores por sistema de liga a 1 volta, participaron 2 GM, 1 MI, 4 MF  e 3 aspirantes a mestre de Mexico, Serbia, Bulgaria, Sudáfrica, Sevilla, Vigo e 4 xogadores da provincia de A Coruña, o torneo completouse con cursos e partidas simultaneas. O torneo estivo patrocinado pola Deputación da Coruña, ca colaboración do Concello de Carballo, de Cervecería a Bombonera, Cervecería A´Xamonería, Pensión Rama.

No plano deportivo resultou vecendor o MI Mexicano Sion Galaviz con 7 puntos, ainda que a noticia mais destacada foi o 2º posto con 6,5 puntos, e a obtención da sua 1ª norma de Mestre Internacional, do xoven MF Xulio del Prado de Vigo que xoga no Xadrez Ourense. Destacar o 3º posto do MF Diego Cacheiro con 6 puntos que estivo cerca da norma, e que foi gravemente perxudicado pola retirada do xogador Cristian Silva a falta de 3 roldas para rematar.  Este torneo e unha grande oportunidade para xovenes xogadores, aspirantes a mestre, de acadar normas e subir o Elo Internacional ademais de gañar experiencia ante fortes rivais, felicitar a Breixo Longueira, Eduardo Cabañas e David Cernadas polo gran torneo e a loita que demostraron.

A clausura acudiu o deputado de Turismo e vicepresidente da Deputación da Coruña D. Xose Regueira, que foi o encargado de entregar os premios, xunto con D. Javier Teixeira presidente do club, para todos os participantes,  as partidas foron retransmitidas en directo por internet para todo o mundo nas principais páxinas de xadrez como chess.com e lichess.org , mais info do torneo na web info64 e álbum de fotos en Facebook.

Clasificación final:

1 6 IM Galaviz Medina, Sion Radamantys MEX 7,0 27.8 3.5 27.2 5 2497 Mexico
2 7 FM Del Prado Rodriguez, Xulio ESP 6,5 25.2 3.0 24.8 5 2391 X. Ourense
3 1 FM Cacheiro Blanco, Diego ESP 6,0 21.5 2.5 21.0 4 2383 USC
4 4 GM Petkov, Vladimir BUL 6,0 20.8 2.0 20.2 4 2433 Chantada
5 3 GM Strikovic, Aleksa SRB 5,5 20.8 2.5 20.2 3 2408 E. Luguesa
6 2 FM Mhango, Banele RSA 5,0 16.5 1.5 16.0 3 2269 Sudafrica
7 5 Longueira Alonso, Breixo ESP 3,5 12.8 1.5 12.5 2 2185 Padron
8 9 Cabanas Lopez, Eduardo ESP 3,0 8.5 1.0 8.0 2 2110 Marquiño
9 10 Cernadas Camean, David ESP 2,0 5.5 0.5 5.0 1 2157 Marquiño
10 8 FM Silva Lucena, Cristian ESP 0,5 1.8 0.0 1.8 0 2219 PA Islena

 

 

 

 

 

Galichess logo

Dirección

Plaza Alcalde José Naya 9 1c
15690 Ponte do Ba – Arteixo – A Coruña

Teléfono

617 234 393

Contacto Online

24/7 H

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat