Os dejo la información remitida por Pablo Castro del club Xaquedrum con motivo de la visita del GM Orensano Ivan Salgado, del Club Xadrez Marcote recién llegado del Cto Europeo,a Lugo el viernes día 8, y recordar que la final de la liga gallega se juega en Lugo el día 9 la cual supongo que jugará también.
GM Iván Salgado en Lugo.
A Concellería de Educación, Concellería de Deportes, a Deputación Provincial de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, Yute Confecciones e El Progreso organizan a visita do GM Iván Salgado o vernes 8 de abril a varios dos programas de promoción do xadrez que se levan a cabo en Lugo.
Ás 12 da mañá participará no Xaque nas aulas que se está realizando no Colexio Público de Casás e fará entrega dos cuadernillos de iniciación aos escolares de 3º de Primaria.
Ás 12:15 horas –durante o recreo- como pechadura do curso Xaque nas Aulas no CEIP Casás, levarase a cabo unha actividade de promoción aberta a todo o colexio, onde Iván Salgado xogará unha partida á cega, onde os mozos e mozas que o desexen poderán xogar partidas no xadrez xigante e xadrez convencional.
Pola tarde irá á Casa de Asociacions, que se atopa no Parque da Milagrosa, e realizará as seguintes actividades:
· Ás 18 horas reunirase cos voluntarios da Asociación Cultural Xaquedrum, onde coñecerá de primeira man o seu traballo e as súas inquedanzas, e dará unha breve explicación de cómo facer un repertorio.
· Desde as 20 ata as 21:30 horas, impartirá unha clase maxistral, baixo o nome de “O dinamismo no xadrez”; a esta clase poderán participar os alumnos da Escola de Xadrez, sendo o aforo máximo de 50 persoas. A Escola de Xadrez é unha actividade do programa Xadrez para tod@s que leva a cabo Concelería de Educación desde o ano 2003.
· Ás 22:30 horas irá ao Círculo das Artes a ver o Torneo de Rápidas que organiza a entidade unha vez ao mes e xogará partidas con algúns dos participantes.
Máis información sobre Xaquedrum en:
http://www.facebook.com/pages/Xaquedrum/194937533874133
Breve biografía do G.M. Iván Salgado:
• Ano 2001:
ou Campión de España por Internet Sub-10.
ou Subcampeón de España individual Sub-10.
• Ano 2002:
ou Campión de España Sub-12.
ou Subcampeón Galego Absoluto (con 10 anos).
• Ano 2003:
ou Subcampeón de España por Internet sub-12.
• Ano 2004:
ou Campión de España por Internet sub 12.
ou Campión de España sub14.
• Ano 2005:
ou Campión de España coa Selección Galega Sub 16
ou Primeira norma de Mestre Internacional (marzo 2005).
ou Campión Galego por Equipos co Club Marcote.
ou Subcampeón de España sub 14.
ou 4º do Mundo sub 14.
• Ano 2006:
ou Campión de España por Internet sub 16.
ou Primeira norma de Gran Mestre (marzo 2006). Record histórico en España)
ou Campión Galego por Equipos co Club Marcote de primeiro taboleiro.
ou Subcampeón de España coa Selección Galega Absoluta xogando de primeiro taboleiro.
• Ano 2007:
ou Título de Mestre Internacional. Segundo título máis novo da historia de España, só logo de Paco Vallejo (xaneiro 2007).
ou Subcampeón de España coa Selección Galega Absoluta.
ou Campión de España sub 16 .
ou Norma de Gran Mestre en aberto de Sants.
ou Primeiro clasificado no Aberto de Pamplona (ademais, consegue a última norma de GM). Deste xeito, convértese no Gran Mestre máis novo na historia de España.
• Ano 2008:
ou Campión do XXXI Open Internacional de San Sebastián.
ou Campión de España Sub-18.
• Ano 2009:
ou Subcampeón de España co Club Xadrez Marcote.
ou Primeiro clasificado no III Festival Internacional Ruy López celebrado en Zafra (Badajoz) os días 20 e21 de Xuño 2009.
ou Clasificado na 6º posición no Europeo coa Selección Española Absoluta (primeira participación).
ou Subcampeón do Mundo Sub-18.
• Ano 2010:
ou 9º clasificado no Campionato de Europa Individual (isto implica estar clasificado para a próxima Copa do Mundo).
ou Campión do Open de Vecindario (Gran Canaria)
ou Campión de España de División de Honor co equipo Kasparov-Marcote.
ou 2º Clasificado no torneo pechado "Casino de Barcelona".
ou Galardonado co premio "Mellor deportista revelación" da editorial Chessy.