Comparte en tus Redes Sociales!

Do 18 0 23 de xullo disputouse o XXIV Aberto de Arteixo, una referencia no calendario de torneos de Galicia, torneo de xadrez clásico a 7 roldas con partidas de 90+30 valedeiro para ELO, repartiu 2.000€ en premios máis trofeos, o local de xogo foi o centro social de Villarodis, organizado polo club xadrez Arteixo, co patrocinio do Concello de Arteixo e a colaboración de Gadis, Fegaxa, Deporte Xunta, Deputación da Coruña e Grabados Calvo, o torneo era puntuable para o XXXVI Circuito Gallego Internacional e o IX Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña 2025.

Participaron un total de 42 xogadores de toda Galicia, tamén un xogador ingles,  destacando 2 MI, 2 MF , 1WIM e 1 CM cun bo nivel medio-alto, tras as 7 roldas disputadas resultou claro campión o nº1 do ránking o MI Luis Marcos Medarde de Padrón que gañou as 7 partidas, Medarde e o actual líder do Circuito Gallego Internacional e virtual líder do IX Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña 

Foi 2º o MF Marcos A. Morales do Ferrolano, 3º MI Diego Espiñeira de Padrón, 4º MF Jose Antonio Sande do A. Bóveda e 5º Sergio López do A. Bóveda todos con 5 puntos, 6º o CM Alejandro Cereijo de Padrón, 7º WIM Karla J. Fernández do A. Bóveda, 8º Manuel R. Arias do Clubexa, 9º Fernando J. Casares do Clubexa e 10º Javier Suárez de Sada todos con 4,5 puntos. 

Nos premios especiáis 1º sub-2000 Pablo Cordido do Algalia, 1º sub-1700 Adrián Martínez do XDM, 1º Sub-18 Tristán Alonso de Padrón, 1º veterán Rafael Alonso do Recatelo, 1ª Feminina Escarlata Alonso de Padrón, 1º sub-16 Hugo Boquete da EX Compostela, 1º sub-14 Marco Marcote de Sada, 1º sub-12 Mario García de Carballo, 1º sub10 Martín Pereira de Arteixo e 1º sub-8 Roi Bello de Carballo,  os millores locais 1º Mario Mañana, 2º Andrés Blanco, 3º Abraham Pereira, 1º sub-18 Rafael Soto e 1º sub-14 Martín Cachafeiro, o gañador dun cheque regalo por valor de 25€ cortesía de Gadis foi Eloy Sixto do Benchoshey, a clausura acudiu a concelleira de deportes Dª Purificación Zas que foi a encargada de entregar os premios, o próximo torneo do circuito será do 11 o 16 de agosto na Coruña ca disputa do III ERLAC Teresa Herrera,  clasificación final completa en info64 y álbum de fotos en Facebook.

 

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat