Comparte en tus Redes Sociales!

Bases do V Torneo Concello de A Baña – Valedeiro para o X Circuito Intercomarcal de xadrez da Coruña 2026

Data: domingo 31 de maio de 2026.

Local de xogo: Polideportivo Municipal A Baña, rúa do Colexio s/n A Baña.

Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.

Ritmo de xogo: 10´ minutos + 3” incremento por jugada.

Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:00 1ª rolda, clausura sobre as 21:00 horas.

Emparellamentos: realizaránse mediante programa informático, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido, hay que estar federado, a organización pode federar e resérvase o dereito de admisión.

Inscricions: a través do enaloce de Cluber https://app.cluber.es/legacy/clubes/684a95adec12b783785119/pagos/6a0b6aab1f98c711409814 , prezos: xeral 12€, sub-16 10€, locais 5€, tamén ingresando na conta de Caixabank ES15 2100 5097 2002 0012 6301 indicando nome e apelidos, club e inscrición torneo, mais info en [email protected] ou no 617234393.

Desempates: 1º Encontro Directo (DE), 2ª Bucholz corte -1* (BH-C1), 3ª Bucholz Total* (BH), 4º Media de Elo dos rivais -1** (ARO-C1).
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Bakú 2023 da FIDE tanto pra o cálculo dos rivais coma do propio xogador. ** Pra os xogadores sen Elo considerarase un Elo de 1400.

Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios (en euros): total 800€ (Pagaranse por transferencia bancaria)
Xeral:                             Especiáis:                       Locais:
1º 130€ + trofeo             1º sub-2000:15€               1º 20€ + trofeo
2º 110€ + trofeo             1º sub-1700:15€                2º 15€ + trofeo
3º 90€  + trofeo             1º Veterano(+55):15€      3º 10€ + trofeo
4º 80€                             1ª femenina:15€                
5º 70€                             1º sub-18: 15€             
6º 60€                             1º sub-16: trofeo              
7º 50€                             1º sub-14: trofeo              
8º 40€                             1º sub-12: trofeo              
9º 30€                             1º sub-10: trofeo              
10º 20€                           1ª sub-8: trofeo    

Sorteo dun cheque regalo de Gadis o cesta de Frutas Fondo, e dun libro entre os non premiados. E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios no son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral.

Regras de xogo: Aplicarase o especificado no apéndice A5 das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc.) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial www.galichess.com

 

¿Para xantar? Fai a túa reserva

Restaurante O Arranca: Lg. Cruceiro, s/n – Ordoeste 981 894 006 / 677 222 986

Parrillada Begomar: Corneira, s/n – Corneira 981 894 463 / 618 909 164 1

Casa Salvador: Seoane, 23. 981 886 244 / 679 214 334

Parrillada O Val de Barcala: Lugar Moldes, 5 – Barcala 981 886 155 / 658 063 922

Parrillada O Barro: Barro Abaixo, 25, 15863, A Baña. 607 821 016

Café – Bar Restaurante O Muiño: Rúa Catelao 1. San Vicenzo. 689 763 780

Taberna O Barro: Barro de Arriba 15. 658 551 899

 

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat