Comparte en tus Redes Sociales!

Disputouse o sábado 20 de xuño o III Torneo Escolar Concello de Carballo, o local de xogo foi o Pavillón Bergantiños,  houbo catro categorías sub-8, sub-10, sub-12 y sub-14, o torneo era a IV proba do XIX Circuito de Promoción da Federación Galega de xadrez. Participaron un total de 80 xogadores das catro provincias galegas, xogaronse 7 roldas con partidas de 10´+5″.

Repartironse trofeos os 5 primeiros clasificados de cada categoría e o millor local, houbo una bolsa de merenda con augas, chocolatinas e barritas cortesía de Sector vending, mazás de Frutas Fondo, ademáis de recordo dun mini carballo para todos os participantes, logo da entrega de trofeos repartironse un total de 43 agasallos (mais da metade de participantes) variados dos colaboradores: Todo Lar Carballo, Calvo, Frutas Fondo e Galichess, entre todos os participantes: balons de futbol, baloncesto, volei, palas, mochilas, dragons, cartas da sorte, tableiros enrrrollables, lotes de conservas, cesta de frutas, smartwatch, consolas retro, tablet  pódese ver o álbum de fotos en Facebook.

Categoría sub-14

Participaron  14 xogadores, quedando 5ª Iago Sánchez (ETX Coruña), 4º Mateo Carrillo (Oroso), 3º Andrés Cacabelos (EXP), 2º Iván Martinez (Lucena) e 1º Marco Marcote (Coruña CA) , o millor local foi Marcos Tasende, clasificación final en info64.

Categoría sub-12

Participaron  20 xogadores, quedando 5º Noa Couñago (EXP), 4º Martin Flavio Pérez (XOU),  3º Mateo Rey (Lucena), 2º Xoel Roo (Marquiño),  1º Telmo Vicente (Rianxo), o millor local Martina Ferreira, clasificación final en info64.

Categoría sub-10

Participaron  25 xogadores, quedando 5ª Liam Puceiro (CX Fontecarmoa), 4ª Rafael López (Xou),  3º Álvaro Freijeiro (CX Fontecarmoa), 2º Nuno Moro (Coruña CA), 1º Pablo Lomba (Laroca), o millor local Oliver Bolón, clasificación final en info64.

Categoría sub-8

Participaron 21 xogadores, quedando 5º Teo Fernández (Carballo), 4º Eduardo Peña (Arteixo), 3º Sabina Taboada (Mos), 2º Asier Cores (CX Fontercarmoa),  1º Roi Bello (Carballo), o millor local Simón Esmoris, clasificación final en info64.

A clausura e entrega de premios foi a cargo de D. Javier Teixeira, presidente do club xadrez O Toque Xiria Carballo, e D. Daniel Barreiro concelleiro de deportes, agradecer o Concello de Carballo, Carballo Deporte, Turismo Carballo, Conservas Calvo,  Sector Vending, Todo Lar, Frutas Fondo, Galichess

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat