Comparte en tus Redes Sociales!

Bases do VIII Torneo Nadal Xiria Carballo 2026

Organiza: Club xadrez O Toque Xiria Carballo
Colaboran: Asociación Arume de Verdillo, Construcciones Jose Luis Villar, frutas Fondo e Concello de Carballo.
Data: 
martes 8 de decembro.
Local de xogo: Centro Social de Verdillo, rúa Garrida 19, Verdillo – Carballo.
Sistema de xogo: suizo a 6-7 roldas
Ritmo de xogo: 10´+3”  válido para ELO FIDE de rápidas.
Horario de xogo: presentación 15:45, 1ª rolda 16:00, clausura 20 horas
Emparellamentos: realizaránse mediante programa informático, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Inscricions: ata o luns 7 de decembro, xeral 5€, locais 3€, pódense realizar no email [email protected] ou no 617234393
Desempates: 1º Encontro Directo (DE), 2ª Bucholz corte -1* (BH-C1), 3ª Bucholz Total* (BH), 4º Media de Elo dos rivais -1** (ARO-C1).
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Bakú 2023 da FIDE tanto pra o cálculo dos rivais coma do propio xogador. ** Para os xogadores sen Elo considerarase un Elo de 1400.
Tempo de espera:
hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.
Premios:
Xeral:
1º trofeo, 2º trofeo, 3º trofeo
Femenina: 1ª trofeo
Veterano: 1º trofeo
sub-18-14-10: 1º trofeo
Locais:  1º trofeo, 2º trofeo, 3º trofeo, 1º sub18 trofeo, 1º sub14 trofeo, 1 sub10 trofeo, sorteo dunha cesta de Frutas Fondo entre todos os participantes.
Regras de xogo:  Aplicarase o especificado no apéndice A5 das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido (partidas sen supervisión axeitada). Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos pra difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc.) A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial www.galichess.com.

 

¡Envío GRATIS!

Para pedidos superiores a 100€

WhatsApp chat